ROLDA DE PRENSA DE AGER AKETXE : “ESTAMOS CON GAÑAS DE RESARCIRNOS”

 

Ager Aketxe foi o que pasou esta mañán por rolda de prensa antes do adestramento matinal e comezou decindo que “estamos con gañas de resarcirnos e de que chegue o encontro canto antes”. O vasco dixo que están a “asimilar as ideas de Luis César”, coas duas seisóns diarias que lles está imprimindo.

Confía plenamente na plantilla “e no equipo que temos. pedirelle a afección que confíe en nós e ir todos xuntos”. Tamén falou sobre a sua efectividade a balón parado e para él o importnate é : “aproveitar as oportunidades e a confianza que me dan, antes con Anquela e agora con Luis”.

Pensa que teñen que “xuntar máis as liñas, para roubar máis arriba e poder facer máis dano”, considera que : “Nas Palmas era demasiado pronto para facer as cousas que ensaiaron, e agora penso que se vai ver máis no próximo encontro”.

Cre que o Málaga ten unha plantilla para estar máis arriba e que : “Ten unha plantilla competitiva”, con todo iso pensa que : “O que perda vai quedar tocado, pero o ano pasado en Cadiz a estas alturas tíñamos moi poucos puntos pé encadenamos unha racha de 9 encontros seguidos puntuando e puxémonos arriba”.

A rolda o completo no vídeo e abaixo da portada da web en “Vídeos Recomendados”, tes este vídeo e tódolos que colga o RC Deportivo tanto dos xogadores e técnicos do primeiro equipo, coma do filial, feminino, promocionais, etc…

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto : Captura de vídeo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.