ROLDA DE PRENSA DE ADRIÁN LAPEÑA : “ESTAMOS NUN MOMENTO BOÍSIMO, NECESITÁBAMOS A VITORIA FORA DA CASA PARA DARNOS CONFIANZA”.

 

Adrián Lapeña falou sobre a actualidade do equipo e valorou que esa esixencia de ter que gañar sempre e eses malos intres do equipo nos que non se gañaba fíxoos mais fortes, e que hai que ir, “ainda que sexa un tópico, partido a partido”, e que a vitoria en Talavera que so fixo máis forte e que están nun, “momento boísimo. Necesitabamos esa vitoria fose para dar confianza ao equipo e que este se vexa capacitado de gañar en todos os campos. Aquí en casa, co empuxe da nosa xente, todo é máis sinxelo e é unha liberación para os xogadores, pero sabiamos que fose necesitabamos vencer, porque as ligas gáñanse gañando fóra de casa”.

Valorou que este ano os equipos teñen maior calidade co ano pasado, por iso hai tantos con opcións de ser campión, e que ainda que teñen que visitar Riazor o Castilla e o Alcorcón, nós tamén temos que visitar campos moi difíciles : “Tamén teremos saídas complicadas, como o Linense, o Racing, o Córdoba… Agora só temos o partido a partido na cabeza. Vén o Badaxoz e hai que saír a gañar, porque todos os partidos valen os mesmos puntos. A nosa cabeza só está na fin de semana”.

Todo o que dixo escoitando o vídeo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies