ROLDA DE PRENSA DE ADRI LAPEÑA : “Con Rubén estamos a traballar moitos aspectos para poder levar o equipo a campo contrario de maneira limpa”.

 

O Dépor arrancou esta mañá a última semana de liga, que concluirá o vindeiro sábado 27 de maio ás 19:30 en Pasarón ante o Pontevedra CF (TVG-2, g24.gal e InSports.tv) con todo o cadro sobre o céspede da Cidade Deportiva, incluido Alberto Quiles e ademais do canteirán David Mella.

Antes deste adestramento Adri Lapeña pasou por rolda de prensa para dar as suas impresións sobre os trocos chegados da man de Rubén de La barrera, a marcha de Cano, o seu estado de forma, e o tan falado tema dos xogadores que están a un cartón de perderse o primeiro encontro da promoción.

Unha promoción a que os que non sexan sancionados comezarán con cero cartóns, e a acumulación para non poder xogar pasará a ser de 3. Para Lapeña se o adestrador sigue contando no once inicial con él, non pensará en si ten 4 cartóns, e se lle cai o quinto, “xogará un compañeiro, estamos todos preparados”.

Non quixo facer comparacións antre Rubén de la Barrera e Óscar Cano, pero decindo que non quería, si o fixo : “Non me gusta comparar. Con Rubén estamos a traballar moitos aspectos para poder levar o equipo a campo contrario de maneira limpa. Meter na cabeza diferentes alternativas para poder saír desde atrás con fluidez, cuns automatismos claros e sinxelos. Os xogadores de arriba máis abertos, diferentes opcións de mobilidade… temos pouco tempo e hai que facelo de forma acelerada”.

O central deportivista ve moi importante unha vitoria en Pontevedra : “Gañando en Pontevedra enlazariamos dúas vitorias e faríanos chegar ao playoff coa confianza subida, coa mentalidade de que somos gañadores en calquera sitio”.

Tamén foi preguntado sobre o De la Barrera que coñeceu na sua etapa na Real Sociedad e o de agora : “Foi incluíndo ideas novas na súa librillo que creo que o fixeron mellor adestrador. Xa era un técnico que lle gustaba ter a pelota, que os xogadores tivesen mobilidade”:

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”