ROLDA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DE RUI COSTA : “O DEPOR É UN CLUBE DEMASIADO GRANDE PARA QUEDARSE AQUÍ”.

 

Rui Costa pasou por rolda de prensa e amosouse contento de recalar no RC Deportivo e sacoulle interese a sua lesión e pensa que en duas semanas xa estará de novo a tope.

Rui Pedro Silva Costa, ‘Rui Costa’, (Vila Nova de Famalicão, Portugal, 20 de febreiro de 1996) foi presentado este mediodía como novo xogador do Deportivo.

Após posar para os medios gráficos acompañado por Richard Barral, Director de Fútbol, Rui atendeu aos medios de comunicación na zona habilitada para tal fin na Cidade Deportiva.

O novo atacante branquiazul apunta que nestes primeiros días “recibíronme moi ben. Estou a adaptarme. Teño moitas ilusións de estar aquí, de cumprir o obxectivo do Club”.

Do primeiro amigable do pasado sábado en Vilalba, Rui Costa advirte que “aínda temos que traballar moito. Demos unha boa resposta. É o primeiro test pero queda moito traballo por diante para empezar a liga e estar moi ben”.

Asegura que lle dá igual xogar nun sistema con 1 ou 2 dianteiros: “É unha decisión do míster e o que queira ímolo a facer”.

Tamén conta que a decisión de vir ao Dépor aínda en Segunda División B foi sinxela: “Todos sabemos que o Dépor é un club de Primeira. Pareceume ben vir aquí a axudar a conseguir o obxectivo do Club”.

Nesta liña, sostén que a meta é o ascenso: “O Dépor non se pode quedar na división que está. É un club demasiado grande para quedar aquí. Todos temos moi claro o obxectivo do ascenso”.

Confesa que o exdeportivista Laure, compañeiro de Rui a temporada pasada na AD Alcorcón, “axudoume en todo. Falei moito con el”.

Finalmente, Rui Costa explica que estes días está á marxe do grupo porque sofre “unha pequena lesión; pero en 2 semanas xa estou de volta para poder axudar ao equipo”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia