ROLDA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DE MAMADOU KONÉ

 

Mamadou Koné espera que o respeten as lesións

Mamadou Koné (Bingerville, Costa do Marfil, 25 de decembro de 1991) foi presentado esta mañá como novo xogador do Deportivo.

Tralo pertinente posado para os medios gráficos no céspede do campo 1 coa súa nova camiseta, o atacante deportivista pasou pola sala de prensa, acompañado por Carmelo del Pozo, Director Deportivo, quen aclarou que “procuramos neste tipo de cesións ter algún tipo de vantaxe. Conseguimos a posibilidade de que se todo sae ben, ter a posibilidade de que siga connosco”.

Koné apuntou en primeiro lugar que “os meus obxectivos son os obxectivos do Club. Imos pelexar para conseguir o obxectivo do equipo”.

O novo dianteiro branquiazul espera “facer unha boa temporada, conseguir o obxectivo do Club que será o meu. Facelo o mellor posible para que o Dépor estea onde merece estar”.

Manifestou que a temporada pasada tivo algún problema físico e “ao final estaba ben, pero non entraba nos plans do míster. Por iso non xoguei”.

Desvela que se decide polo Dépor porque “hai moito tempo que Carmelo confía en min. Cando veu falar comigo convenceume e non dubidei nin un segundo en tomar a decisión”. “Sempre me quixo. É amigo meu e que o equipo estea en Primeira ou Segunda, dá igual”, engade.

Polivalente na fronte de ataque, Koné apunta que “a posición que máis me gusta é a de dianteiro centro”. Non se marca un número de goles concreto, pero “espera meter moitos goles esta temporada”.

Aínda que recoñece que un dos seus fortes é a velocidade ao espazo, “tamén me atopo moi ben combinando cos compañeiros”.

Finalmente, subliña o futbolista africano que “o Deportivo de La Coruña atrae a todos os futbolistas. Hai un bo grupo. Por iso decidinme a vir aquí”.

-Texto xentileza de rcdeportivo.es e foto-

 

 

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa de Mamadou Koné e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies