Massimo Benassi e Fernando Soriano pasaron por rolda de prensa para falar sobre a actualidade do RC Deportivo, e tes todo o que dixeron neste vídeo. Nesta rolda de prensa tocáronse temas como o da Asemblea Extraordinaria do clube, e o porqué da hora a que se fai, (09:30), si se vai entrar no grupo de financiación do CVC de Tebas, a marcha de Bergantiños da diretiva, as obras en Abegondo, (que xa están en marcha), as diferentes situacións que se deron na tempada como o convenio co Concello da Coruña e as diferenzas que se produxeron, a destitución do responsable da coordinación da canteira, (todo apunta a que sería Valerón o sustituto de Sainz), os trocos que pode haber nos adestradores da canteira, (Manuel Pablo podería subir o Fabril), que o RC Deportivo entrará en Xullo con “débeda cero”, (posiblemente a mellor nova deste fin de tempada e da historia recente, pois o Concurso de acreedores estaba para ser finiquitado ata 2035), o malestra de Lucas e que pasou, (él mesmo se fixo eco na celebración tralo encontro co Barcelona B e nunha entrevista nun xornal), a rescisión con Mackaay, a volta de Mario Soriano, a renovación automática e en propiedade de Davo, (algo estipulado si xogaba un certo número de encontros e se se subía), os postos a reforzar no equipo, as ampliacións de contrato de Mella e Jairo, (as duas en proceso), e varias cousas máis en 1 hora e 43 minutos que durou a rolda de prensa conxunta, con moitas preguntas repetitivas por parte dos xornalistas, (non todos o son), que estiveron en direto.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”