ROLDA DE PREGUNTAS AS NOVE FICHAXES DO DEPOR.

 

As nove fichaxes do Depor 2021/22 fixeron unha rolda de prensa na que cada un contestou a unha pregunta dos xornalistas, antes de facer as probas médicas no Quirín Salud de Riazor.

Pablo Trigueros : “O proxecto do Depor pareceume interesante e ademáis está Borja co que xa estiven. Agradezo a súa confianza e a do club para achegar o meu granito de area neste proxecto.

Adrián Lapeña : “Chego a un proxecto ambicioso no que imos pelexar por subir. Xa teño a experiencia dun ascenso e agora quero poñer a este club onde se merece”.

Juan Carlos Menudo : “Este é o club ao que todo futbolista quere chegar, un club histórico no ámbito nacional e estou feliz de estar aquí”.

William de Camargo : “Todos estamos aquí para subir e esperamos conseguir o obxectivo”.

Diego Aguirre : “Chego con moitas ganas de axudar ao equipo. Debemos traballar desde a humildade e a ilusión para que este sexa un ano bonito”.

Josep Calavera : “Temos que traballar todos a un tempo  para alcanzar a meta do ascenso. Sabemos que vai ser complicado, pero todos temos claro que é o único obxectivo que hai.

Rafa de Vicente : “Non hai outro obxectivo que non sexa subir. Veño gañar todos os partidos posibles e, xunto aos meus compañeiros, estar o máis arriba que se poida desde o primeiro día.

Alberto Quiles : “Cando terminei a tempada co Recreativo o meu axente díxome que había a posibilidade de vir ao Dépor, e xa lle dixen que non buscase nada máis, que isto é o que quería. Esta categoría é moi complicada e debemos pensar que haberá que correr máis que calquera equipo para gañar”.

Ian Mackay : “Síntome coa ilusión dun rapaz que volve a casa. Estou tamén con ese orgullo que tería calquera neno de Coruña ao que lle dan a oportunidade de xogar no Deportivo”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia