ROLAN FICHA POLO BRAVOS FC DE MÉXICO…CAL FOI O NEGOCIO QUE APORTOU O DEPOR O XOGADOR URUGUAIO?.

 

O Sylvain Wiltord foi curioso a finais dos 90, cando foi fichado por Lendoiro do Girondíns de Bordeaux, e non chegou a xogar nunca co Depor, pois foi presentado e vendido o Arsenal inglés. Parece ser que costara en torno aos 1,250 millóns de euros e vendido por 5. O uruguaio Diego Rolán, tamén fichado do Girondíns, non chegou a xogar de maneira oficial co equipo branquiazul, ata a pasada tempada na que xogou uns minutos de 2 encontros, facendo 2 goles, un de penalti, (cometido sobre él), e outro de rebote. Ese é a sua bagaxe como xogador deportivista.

Se as cifras que se moveron e se moven son certas, representou un bo negocio para as arcas deportivistas. Foi fichado por 5,5 millóns de euros, para xa antes de ser anunciado ser cedido o Málaga por 1,5 millóns de euros, o ter o cupo de extracomunitarios completo o equipo branquiazul. O clube deportivista descendeu e Rolan foi cedido o Leganés por 1 millón de euros, e na mesma tempada pasou no mercado de inverno o Alavés que pagou 300.000 euros.

O verán pasado foi cedido o FC Bravos de Juarez mexicano, por medio millón de euros e a cesión de Beto da Silva. O clube mexicano tiña unha opción de compra por 4 millóns de euros, que tras tratar de que lla rebaixasen non a cumpleu.

O xornal francés L´Equipe, colocouno no Nimes Olympique, decindo que o xogador ía a asinar , pero todo foi ou un bulo, ou os franceses volvéronse atrás polo que pedía o RC Deportivo, que foi o rumor que máis sonou.

Richard Barral fichouno no 2017, e os descensos fixeron imposible asumir a sua ficha, (en torno os 2 millóns de euros),  e por outra banda non nas cesións convenceu a ninguén, e deambulou dun lado o outro, ata orse o pasado iverno o Pyramids da liga exipcia, onde nen aí foi quen de “namorar” a naide.

Volve ao Bravos FC da liga mexicana

Agora Bravos FC de México anunciou a sua chegada de novo o clube, (o único sitio onde deixou gañas de volver a telo), e o RC Deportivo anuncio a rescisiín do seu contrato, e querendo ou sen querer, nen puxeron a frase famosa de : “agradecemos o aportado o clube no tempo que estivo connosco”.

Así anunciou o RC Deportivo a sua marcha

“Diego Alejandro Rolán* Silva (Montevideo, 24 de marzo de 1993) non continuará xogando no RC Deportivo após o acordo para a rescisión do contrato que vinculaba ao Club e o futbolista. O Real Club Deportivo quere desexar a Diego Rolan éxitos nos seus novos proxectos profesionais”.

*E Rolan, sen acento no “a”, un erro que cometeu o equipo deportivista, e asimesmo o clube asteca ni anuncio da sua volta”.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies