ROLÁN CEDIDO O FC JUAREZ “LOS BRAVOS” CON OPCIÓN DE COMPRA E ROBER PIER FICHA POLO LEVANTE

Diego Rolan desatascou a entrada de novos reforzos.

 

Diego Rolan (Montevideo, 24 de marzo de 1993), xogará a próxima Temporada 2019-2020 cedido, con opción de compra, no FC Juárez, “Los Bravos” da cidade mexicana, segundo confirmou o RC Deportivo. Un feito que só faltaba que se oficializaba pois a chegada esta mañán de Sasa Jovanovic xa daba as claras que xa se podía fichar o haber tope salarial. 

En Madrid dín que dende o Atlético de Madrid chegarán cedidos o central  central do Atlético de Madrid, Francisco Montero e o extremo, Víctor Mollejo. En Valencia dan por feito a chegada a Coruña fichando por 3 anos do lateral esquerdo Salva Ruiz, tras rescindir co Valencia CF o seu contrato.

O mercado acaba hoxe ás 00:00 horas e espérase moita actividade na Praza de Pontevedra. Estaremos atentos os movementos e iremos dándovos conta deles.

 

Rober Pier o Levante

O Real Club Deportivo, o Levante UD e Róber Suárez Pier chegaron a un acordo para o traspaso do central oleirense ao conxunto granota, no que xa militou as últimas campañas como cedido. Non se cita a cantidade que pagará o equipo levantino polo xogador de Oleiros, nen se hai contraprestacións por obxetivos ou futura venda.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es