ROLAN APARTADO POR FIEBRE NAMENTRAS QUE UCHE E GANDOY VOLTARON O EQUIPO.

Uche Agbo e Yago Gandoy esta mañá en Abegondo.

 

Uche Agbo e Yago Gandoy traballaron esta mañá na Cidade Deportiva co Deportivo, namentras que Diego Rolan quedaba na casa o ter síntomas de febre, polo que se lle fixo a proba do COVID-19.

O mediocentro africano Uche Agbo está de regreso de Nixeria, onde viaxou con permiso do Club para pasar uns días en Nadal. No caso do centrocampista coruñés, finalizou a corentena e os Servizos Médicos confirmaron o seu regreso cun test negativo en COVID-19.

Así pois, os únicos xogadores á marxe a día de hoxe son Miku, Borja Galán e Diego Rolan, que quedou no seu domicilio con febre. Por este motivo, o dianteiro uruguaio pasará na súa casa a proba de coronavirus á que se someteu hoxe o resto do cadro deportivista e corpo técnico.

Con Adri Castro no seu domicilio, o meta Alberto, Juan Rodríguez e Manu Mosquera foron os fabrilistas que hoxe estiveron ás ordes de Fernando Vázquez.

O técnico dispuxo esta mañá, após un quecemento con rondos, un partido no campo 2 e unha tarefa táctica con finalizacións.

Mañá martes, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas. Ao concluír, Fernando Vázquez fará pública a lista de convocados para o partido de Copa de SM O Rei deste mércores 6 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas) ante o Alavés, a partido único.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es/piratasdemuxia