ROCAMBOLESCA DESTITUCIÓN DE DANI CALVETE DO ATLÉTICO CERCEDENSE.

O buñés, Dani Calvete ven de ser destituido do Atlético Cercedense no que cumplía a sua segunda tempada e o cal ten na 3ª posición da táboa da 3ª Futgal G3 “A Coruña”, polo que a sua destitución non foi pola marcha do equipo. O clube falou con él e informouno de que tiñan que cesalo e que “non hai ningún problema persoal”, senón que o motivo era por “diferencias entre o adestrador e parte da plantilla”. Dani aceptou o motivo, ainda que non o comparte, pero non lle gustou todo o que ven despois : “non estou doído polos feitos, senon polas formas”, dinos o de Buño que fixo un comunicado de todo o que lle pasou neste trámite, algo que nunca lle pasou nos anos que leva adestrando.
COMUNICADO
  Despois de 5 dias creo que é necesario comunicar que o pasado xoves fun citado pola directiva do @cacercedense a unha reunión dúas horas antes do adestramento.
Nas oficinas do Campo Municipal O Roxo, tres directivos comunícanme que desde ese mesmo momento deixo de ser o adestrador do primeiro equipo da citada entidade. Comunícaseme que non hai ningún problema persoal, que incluso non ten nada que ver cos resultados, xa que o equipo é terceiro na clasificación a tres puntos da cabeza.
A decisión é tomada por diferencias entre o adestrador e parte da plantilla, a cal non está contenta ca xestión dos adestramentos, os plans de partido e as convocatorias, o que ven sendo a xestión do grupo en xeral. Queixas que se estenden no tempo, e fan tomar esta, para eles, “difícil decisión”. Entendo as causas a pesar de que non as comparto, recollo as miñas cousas e marcho.
Sobre as 21:00h mando unha mensaxe ó grupo de WhatsApp de xogadores despedindome e desexándolle moita sorte, abandoando o grupo. Recibo mostras de cariño por parte de algún deles, do cal estou moi agradecido.
Xoves non existe ningunha noticia.
Venres nada.
Sábado tampouco.
Domingo disputase a xornada de liga, con un bo resultado, publicacións habituais de foto do 11 titular e foto celebrando a victoria.
Lunes publicación da crónica do partido.
Martes publicación dos resultados de todos os equipos do club.
Nin rastro de nada que teña que ver ca miña destitución.
Sin nada que reprocharlle o club en ningún momento, creo que é necesario que se sepa, porque non deixo de ser un adestrador aficionado, que non está exercendo a súa afición por causas alleas á súa voluntad.
Deséxolle moita sorte ó novo adestrador e que se cumplan os obxetivos marcados polo club, que penso que así vai ser polo gran equipo que formaron. Atentamente, Dani Calvete.
-Foto e texto : Comunicado de Dani Calvete