RIDÍCULO COMUNICADO DO FUENLABRADA CONTRA UN AUDIO PRIVADO DE ÁLEX BERGANTIÑOS O QUE LEVARON A DECLARAR..

 

Os nervos afloran no Fuenlabrada que di que vai a denunciar a fiscalía un audio de Álex Bergantiños o grupo de whatsapp dos seus compañeiros da necesidade de xogar un encontro que como calquera de nós e vendo como está o patio, tacha de “paripé”. Un encontro ao que está obrigado a presentarse o RC Deportivo ca ameaza de baixalo administrativamente a Terceiro División, namentras que o equipo madrileño tras todo canto infrinxío ainda non está descendido.

Un enontro do que o resultado non valerá para nada se hai xustiza e que complicará máis, se gaña ou empata o Fuenlabrada, a situación dos Play-Off, se a xstiza e tal e é descendido, tal e como dbería ocurrir, ainda que estando a “Familia Tebas” por medio todo pode pasar, neste ridículo mundial.

Álex que fooi levado a declarar por dous policías chegados dende Madrid, tras abordalo na rúa cando estaba dando unha entrevista e requisarlle o mobil, no audio di : “Os avogados consideran que o mellor é presentar un mínimo de oito profesionais… Eh… Non se que tipo de partido podería ser… De paripé. Non sei. Mesmo falar cos xogadores do Fuenlabrada, 1-0 e sentámonos. É que non se como podía facerse iso”.

Pola sua banda o Fuenlabrada colgou nas redes este comunicado inverosimil : “Ante as presuntas probas publicadas do audio do capitán do RC Deportivo, Álex Bergantiños, estamos na obrigación de, como afectados, dar traslado á Fiscalía por un incumprimento do artigo 286 bis. 4 do Código penal. Así mesmo, se a autoría próbase, as indicacións da directiva dun Club a un capitán para predeterminar o resultado dun partido e/ou para non competir profesionalmente supoñen un gravísimo incumprimento das normas deportivas. Sentimos prexudicados por unha trama que de forma inxusta e posiblemente delituosa pretende prexudicar ao CF Fuenlabrada en busca dun descenso administrativo do todo infundado”.

Álex que dí sentirse moi tranquilo dixo na Cope que : “É un audio privado de vestiario que non debería saír á luz pero hai que poñelo en contexto. Somos un grupo de xogadores que sentimos desamparados e ninguneados por non poder competir en igualdade de condicións cos demais”…”Fomos pensando que xa non se xogaba máis porque LaLiga deu ao Elxe como equipo de playoff. De súpeto cambian de opinión e só trataba de recrutar aos meus compañeiros para xogar ese partido e evitar sancións. Hai que agradecer o esforzo a moitos deles porque algúns non teñen nin sequera contrato co club”.

“Podería sacar mensaxes de 12 ou 14 capitáns que non querían xogar a xornada. Hai xente que toma decisións e escóndese detrás das siglas e só saímos nós a dar explicacións. Queremos saber quen toma a decisión de non aprazar a xornada, tanto no aspecto deportivo como sanitario. O do paripé ou sentarnos vén tras dúas semanas ninguneados e poderían ser medidas de protesta. Só pedía aos meus compañeiros que volvan a Coruña e logo xa decidiremos”…

Foi moi craro e con aviso aos navegantes” sobre ir a fiscalía”, non vai trocar o xuiz : “Non teño problema en que vaian alí porque teño a conciencia moi tranquila e non pedirei que cambien ao xuíz. Sei perfectamente o que dixen e non me arrepinto de nada”.

Por outro lado queda saber quen filtrou o audio, sendo dun grupo privado, ou unha manobra de iñorancia ou un erro imperdoable dada a situación e tendo en conta de que o Fuenlabrada non fai máis ca terxiversar a realidade pero deu ca forma do zapato, pois os apoios a Álex caeron de tódolos lados, tan pronto se filtrou a nova e pode estalarlles na cara os madrileños que buscan empañar o RC Deportivo, cando eles non poden lavar a imaxe do que lle fixeron ao fútbol español nen con lixivia

 

A XUNTA PROPÓN UNHA MULTA DE MÁIS DE 300 MIL EUROS A LALIGA E O FUENLABRADA

Pola sua banda puidose saber que tras estudar o caso Sanidade da Xunta de Galicia propón unha multa de 360.607,27 euros a LaLiga e o Fuenlabrada por todo o que arrastraron no eido sanitario e no perxuizo a cidade da Coruña, a sua hostelería, comercio e a situación das persoas. Aténdose aos artigos, 44.2 c, da Lei 8/2008 e que van desde os 15.025,31 aos 601.012,11 euros.

.

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.