RICHARD BARRAL E O RC DEPORTIVO ROMPEN O SEU CONTRATO.

 

O RC Deportivo anunciou que Richard Barral non seguirá no clube. Algo que era un segredo a voces, pois o director deportivo deportivista xa non estaba a participar na contratación dun novo adestrador e as críticas hacia a sua persoa por grande parte da afección son visibles, trala mala confección da plantilla do pasado ano, na que houbo máis xogadores fracasados que competentes. O máis craro do que pasou vese na elección por parte da afección do mellor xogador da tempada, que recaeu en Diego Villares, que chegou dende o Fabril a derradeira hora do mercado de inverno.

Así o anunciaba o clube branquiazul : “O Real Club Deportivo e Ricardo Barral Iglesias acordaron pór punto final á súa vinculación contractual. O Club quere agradecer a Richard a súa profesionalidade e Deportivismo, volvendo traballar para a entidade nunha situación tremendamente complicada na que sempre antepuxo a defensa dos intereses dun Real Club Deportivo que lle desexa o maior dos éxitos nos seus futuros proxectos profesionais”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies