O RC Deportivo informa nun comunicado que a partires do vindeiro sábado 30 de Abril o Estadio de Riazor será un “Estadio libre de fume”, polo que non esterá permitido fumar dentro das instalacións do mesmo, cousa que xa viña pasando polas normas do COVID-19 e que se fan permanentes tras esta decisión :
“O Consello de Administración do RC Deportivo aprobou esta semana a declaración do Estadio ABANCA-RIAZOR, durante os partidos organizados polo Club, como espazo libre de fume. A medida terá vixencia desde o vindeiro sábado 30 no partido contra a UD Logroñés.
Após a finalización das restricións determinadas pola pandemia, entre as que se incluía a prohibición de fumar nas instalacións, o RC Deportivo quere manter esta medida en aras da convivencia saudable entre o público que acode ao Estadio ABANCA-RIAZOR, protexendo especialmente aos moitos menores que acoden aos partidos do Dépor e respectando aos Deportivistas non fumadores que se dan cita nas instalacións branquiazuis.
Con esta medida, o Club e a súa Fundación seguen aliñando as súas accións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) das Nacións Unidas, concretamente o número 3: garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades é esencial para o desenvolvemento sustentable”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto . piratasdemuxia/RC Deportivo