RIAZOR PODERÍA TER PERMISO PARA TER DISPOÑIBLE TODO O AFORO NO PROXIMO ENCONTRO.

 

Son moitos os afeccionados, que nos preguntan se sabemos algo de pedir entrada para o vindeiro venres en Riazor ante o SD Logroñés, pero a verdade e que ata o de agora o clube non nos fixo saber nada sobre este asunto.

Este vindeiro xoves reunirase o Comité Sanitario Interterritorial e o máis seguro é que se amplíe o aforo nos estadios de fútbol, así coma nos cubertos, que agora están nun 60% os que son o ar libre, e un 30 os interiores.

Segundo se pode ler e escuitar nos diferentes medios de comunicación, todo apunta a que se subirá a un 75% nos deportes o ar libre e a un 50% nos cubertos, pero nada trascendeu pois hai comunidades como a andaluza que solicitan o 100% con mascarillas e o resto de normas, a hora de entrar e sair dos estadios.

A pandemia con máis do 70% de poboación vacunada está nas suas horas máis baixas, e se tomamos como referenza Galicia, supera estas cifras, con moitos dos concellos do noso país con “0” contaxiados.

De darse vía libre o aforo total, Riazor podería albergar a mellor entrada da tempada, ainda que o encontro o ser en venres, (21:00 horas/19:00 GMT), impide que moitos socios por cuestións de traballo, e desprazamento, (hai que ter en conta que unha gran parte dos socios somos de fora da Coruña), e perxudicaría na entrada, que de seguro vai a ser moi importante.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies