España derrotou por 2-0 a Bélxica no encontro de cara ao europeo do ano que ven nun choque no que foi claramente superior, a pesares de que as españolas non se xogaban nada, (xa clasificadas), e as belgas xogábanse non baixar a categoría B. O choque foi para as “rojitas”, un encontro de preparación para as Olimpiadas de París, que comezan a derradeira fin de semana de Xullo, e para eso tiveron o apoio de 16.650 espectadores animando, superando así a cifra do encontro máis concurrido da historia do fútbol español en Galicia, que a tiña igualmente Riazor e foi o pasado abril no choque que supuxo o ascenso a 1º División do Deportivo Feminino e que contara daquela con 14. 057. Daquela bateuse outro record que tiña Riazor e fora ca Selección Española no anterior choque que se xogou na Coruña, que viran en directo, 10.444 persoas. Para guinda do encontro das españolas o segundo gol foi da ex deportivista, Tere Abelleira, que se marcou un gol dende 40 metros o ver adiantada a meta belga. Participou tamén no choque a ex deportivista Atenea del Castillo, que non marcou pero que gozou de ocasións como para facelo. Impedíronlle mrcar en Riazor, a meta belga, que foi a mellor do seu equipo, e o longueiro.
Mella titular e vitoria con 10 no europeo Sub 19
David Mella iniciou no once inicial de España a Fase Final do Campionato de Europa sub-19 que se celebra en Irlanda do Norte. O canteirán branquiazul foi relevado no minuto 67 por Jesús Rodríguez.
No debut na competición, os españois derrotaron (1-2) a Dinamarca grazas a un gol de Íker Bravo na recta final, ademais xusto despois de que a selección quedouse con 10 futbolistas debido á expulsión de Rayane.
A próxima cita para España será este venres 19 de xullo ás 19:00 ante Turquía en Seaview (Belfast).
O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Martes 16 de xullo
DINAMARCA 1-2 ESPAÑA
Venres 19 de xullo
19:00: TURQUÍA – ESPAÑA, en Seaview (Belfast)
Luns 22 de xullo
19:00: ESPAÑA – FRANCIA, en Iver Park (Lane)
Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se celebrarán o 25 de xullo antes da final, prevista para o domingo 28 de xullo no National Football Stadium de Belfast.
-Foto : RFEF
Texto : Xosé Búa “Pirata”