RIAZOR, A MALATA E BALAIDOS SERÁN AS SEDES DOS PLAY-OFF DE ASCENSO A 2ª DIVISIÓN.

Por demanda de entradas o Depor xogará en Riazor.

 

A Real Federación Española de Fútbol acaba de confirmar os estadios que conforman a sede galega para a fase final da Primeira RFEF na que se poñerán en xogo dúas prazas de ascenso á Segunda División do fútbol español. A RFEF confirma a candidatura presentada pola Real Federación Galega de Fútbol cos estadios de Riazor, Abanca Balaídos, (Vigo), e A Malata, (Ferrol), como escenarios para acoller todos os partidos do playoff.

A Real Federación Galega de Fútbol agradece a extraordinaria colaboración e predisposición da Xunta de Galicia e dos concellos de A Coruña, Vigo e Ferrol, así como da Deputación da Coruña, confiando tamén que se sume a Deputación de Pontevedra, coa que está pendente unha reunión. Todas as administracións citadas recibiron de moi bo grado a proposta e amosaron a súa disposición a colaborar no financiamiento dun evento desta magnitude que conleva un enorme esforzo organizativo e económico para a Real Federación Galega de Fútbol. “Queda claro que a aposta que fixemos hai un par de meses sen ter asegurados os apoios foi un gran acerto unha vez comprobada a magnífica resposta das administracións”, resalta Rafael Louzán, presidente da RFGF.

Nos últimos días mantíveronse reunións coa alcaldesa da Coruña e os alcaldes de Vigo e Ferrol, así como conversas con dirixentes da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, resultando todas elas moi satisfactorias cun apoio absoluto por parte das administracións a un evento que trascende máis alá do deporte, pois hai unha previsión dun gran movemento de afeccionados a Galicia durante esas datas.

A Fase de Ascenso á segunda categoría do fútbol profesional español disputarase en dúas fins de semana do mes de xuño. Os días 4 e 5 xogaranse as catro semifinais e os días 8 e 9 será a quenda das dúas decisivas finais das que sairán os dous equipos que acadarán o ascenso “e confiamos que poidan ser dous galegos”, engade Louzán.

A día de hoxe RC Deportivo, Racing Club Ferrol e RC Celta B están en postos de xogar ese playoff. Restan aínda catro xornadas pero son moitas as probabilidades de que os tres poidan disputar esa fase final polo ascenso na que se poñen en xogo dúas prazas na Segunda División.

Formato

Neste playoff participarán 8 equipos, os clasificados dos postos 2º ao 5º de cada grupo, o cal garante a presenza nas tres cidades de milleiros de afeccionados que se despracen desde distintos puntos de España. Calcúlase que este playoff traerá a Galicia, e en particular ás cidades sede, máis de cinco millóns de euros de maneira directa, ao que hai que sumar a repercusión e o impacto mediático que a propia competición vai ter en toda España.

As eliminatorias polo ascenso enfrontarán aos segundos clasificados de cada un dos dous grupos fronte aos quintos e aos terceiros contra os cuartos. O equipo que mellor posto obtivese durante a fase regular superará a eliminatoria se o partido mantense en empate ao finalizar a prórroga.

O cadro de cruces e os horarios de cada partido neste playoff de ascenso queda pois configurado da seguinte maneira:

Estadios

A designación dos estadios para cada partido vai realizarse en función da demanda de entradas que cada equipo realice e en base ao propio aforo de cada instalación.

Campión

Os dous equipos que finalicen campións do seu grupo tamén viaxarán a terras galegas para disputar o choque que determinará ao equipo campión da Primeira RFEF e que se disputará o venres 3 de xuño ás 21:00 horas.

Horario unificado

As dúas últimas xornadas da fase regular regular de Primeira RFEF disputaranse en horario unificado os sábados 21 e 28 de maio ás 18:30 horas.

CIRCULAR

-Foto : RC Deportivo

-Texto : RFEF/RFGF