RFGF FALOU TELEMATICAMENTE CON TÓDOLOS CLUBS DA COSTA, (LIGA DA COSTA E 3ª DA COSTA) :

 

REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL ESCOITA A TODOS OS CLUBS DA COSTA

O obxectivo destas reunións é coñecer como están a xestionar os clubs a situación creada polo parón competitivo, ademais das súas ideas e suxerencias en todos os ámbitos, pero principalmente desde o punto de vista competitivo

A Federación está a estudar todas as posibilidades e propostas co obxectivo de tomar a mellor decisión posible, pero sen ter présa porque a nosa prioridade segue sendo a saúde e gañarlle a batalla ao coronavirus

A Real Federación Galega de Fútbol, co seu presidente Rafael Louzán e os membros da Xunta Directiva, segue traballando a diario e mantén un contacto moi estreito con todos os clubs de Galicia mediante unha serie de encontros telemáticos cos responsables das diferentes entidades deportivas. O obxectivo destas reunións é coñecer como están a xestionar os clubs a situación creada polo parón competitivo, ademais das súas ideas e suxerencias en todos os ámbitos, pero principalmente desde o punto de vista competitivo tendo en conta a situación de excepcionalidade.

No día de onte foi a quenda das entidades da Segunda e Terceira Galicia da Delegación da Costa (un total de 28 clubs). No encontro telemático participaron o presidente da RFGF Rafael Louzán, os responsables do fútbol na Delegación da Costa como son Manolo Corredoira e Silvia Cancela, e o resto dos membros da Xunta Directiva da RFGF e os clubs convocados a este encontro.

Durante estes encontros telemáticos o presidente Rafael Louzán presentou un informe do presidente e púxose sobre a mesa a situación das distintas competicións federativas. De igual modo analizouse a situación dos adestradores e xogadores, escoitando as necesidades dos clubs.

Como no resto de competicións, a pandemia mundial supuxo o paro indefinido das competicións federadas así como as eliminatorias de Copa. A Federación deixa claro que a prioridade absoluta agora mesmo é a saúde e ante as dúbidas dos clubs móstrase aberta a escoitar as diferentes propostas para o futuro da competición.

Fútbol Sala e Fútbol Veterano

A Real Federación Galega de Fútbol tamén tomou boa nota das suxerencias de todos os equipos das categorías nacionais de fútbol sala: Primeira, Segunda, Segunda División B e Terceira masculinas, ademáis da Primeira e Segunda División femininas e a División de Honra Xuvenil. A RFGF tamén mantivo esta semana unha reunión cos clubs de fútbol sala da Preferente.

Cómpre salientar que tamén está previsto reunirse cos equipos que integran a competición de Fútbol Veterano.

En definitiva, a RFGF volve demostrar que está sempre á beira dos nosos clubs, de todos eses que forman a gran familia do fútbol galego. A Federación está a estudar todas as posibilidades e propostas co obxectivo de tomar a mellor decisión posible, pero sen ter présa porque a nosa prioridade segue sendo a saúde e gañarlle a batalla ao coronavirus.

-Foto e Texto : Gabinete de Comunicación da RFGF

.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.