RESUMO E MANIFESTACIÓNS TRALO DEPOR 0-3 REALSOCIEDAD “B” : “VERGOÑENTO ESPECTÁCULO”.

Vergoñento espectáculo o vivido na noite do sábado en Riazor. Chegaba o inverbe Fabril da Real Sociedad que non fixera nin un só punto fora de Anoeta e pintáballe a cara a un Depor que só recibira 3 goles en toda a liga en Riazor e que nos dous derradeiros encontros recibía 6. Unha defensa desastrosa fíxolle o pasillo aos rapaces vascos que se levaron unha ledicia de Nadal impensable para eles antes do comezo do xogo.

Mal, moi mal o Depor que malgastou moitas ocasións claras e que concedeu todo. Malos augurios para o encontro de copa do vindeiro martes ante o Mallorca en Riazor a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT).

Depor : Germán, Loureiro, Arnau, Dani Barcia, Quagliata (Luismi Cruz, min. 72), Patiño (Eddahchouri, min. 56), Jose Ángel, Mario Soriano, Yeremay, Mella (Rubén López, min. 82) e Stoichkov (Mulattieri, min. 72)

Real Sociedad B: Fraga, Balda (Gorosabel, min. 72), Peru Rodríguez (Calderón, min. 80), Ochieng (Marchal, min. 68), Carbonell (M. Rodríguez, min. 68), Kita, Astiazarán, Carrera, Garro, Eceizabarrena e Aguirre (Mariezkurrena, min. 80)

Árbitro: Alfonso de Ena, do comité aragonés. Amoestou a Peru Rodríguez (min. 1), Carreira (min. 18), Balda (min. 41) e Fraga (min. 69)

Goles: 0-1 Carreira (min. 35); 0-2 Balda (min. 76); 0-3 Gorosabel (min. 79)

Incidencias: Yeremay Hernández recolleu de mans do conselleiro do Club Benito Couceiro o trofeo que o acredita como mellor xogador de LaLiga Hypermotion o mes de novembro. Asistiron ao partido en Riazor 19.459 espectadores

MANIFESTACIÓNS

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto e vídeos : RC Deportivo