RESUMO E MANIFESTACIÓNS TRALO CEUTA 1-2 DEPOR : “VITORIA IMPORTANTE E MOI TRABALLADA”.

Aquí tes todo xunto en vídeos do RC Deportivo,  as manifestacións de Antonio Hidalgo, Arnau Comas e Adriá Altimira, post encontro e o resumo do encontro antre o Ceuta eo Depor, (1-2) ca importantísima vitoria ante o Ceuta, o mellor equipo da liga como local e que nos fixo sufrir moito colgando innumerables balóns o área e adiantandose ao cuarto de hora, pero un gran gol de Bil e un golazo de Alti no desconto fixeron saltar ao cento de deportivistas que estaban no Alfonso Murube

. Había que gañar e máis sabendo que o Almería caera ante o Zaragoza e así foi, cunha vitoria moi traballada co equipo meténdolle coraxe e superando as baixas, que aumentaron coa lesión de Loureiro que tivo que sair tras unha entrada forte.