Aquí tes o resumo e as manifestacións do encontro da Copa do Rei na que o Depor pasou de rolda o derrotar ao Auriense, por 0-3 nun choque disputado no Couto, (Ourense), con maioría de deportivistas no campo. O choque foi un monólogo dun Depor no que xogaron tódolos que levan poucos miutos na tempada, agás Barcia e Parreño, (na porta estivo Ferllo). Tamén xogaron os 4 xogadores do Fabril.
Bo choque para coller minutos ante un rival de Preferente que xogou con honra e que tivo un disparo a cruceta na única chegada a porta deportivista en todo o encontro e xa nos derradeiros minutos. Marcaron, Jasp Ensen, (2) e Luismi Cruz, e se queres ver a crónica AQUÍ tes a que fixo o RC Deportivo. Gardouse un minuto de silencio polas persoas mortas no accidente de trens en Toledo e os xogadores portaron un brazalete negro, e nas roldas de prensa tanto Antonio Hidalgo coma Noé Carrillo fixeron chegar o apoio e o sentimento aos familiares das vítimas do accidente ferroviario, cousa a que nos unimos totalmente…D.E.P.
Depor : Álvaro Ferllo, Ximo Navarro, Noubi, Arnau Comas, Angeliño, Noé Carrillo (Yayo, min 60), Riki (Luismi Cruz, min 60), Villares (Rubén López, min 79), Adama (David Mella, min 71) , Asp Jensen e Kevin (Martín Ochoa, min 60).
Goles: 0-1, Asp Jensen, (45´); 0-2, Asp Jensen, (58´); 0-3, Luismi Cruz, (85´).
Se non se ve o vídeo do resumo PREME AQUÍ.
–
-Vídeos : RC Deportivo/RFEF
–-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
