Resumo e manifestacións do Depor 2-1 Osasuna : “Vitoria vital e ca mellor das novas…a volta de Auba”.

 

Depor 2-1 Osasuna

Tódolos afeccionados queríamos, desexábamos e pensábamos, nunha vitoria sen problemas, unha vitoria que nos impulsase na clasificación e que dera forzas o equipo despois de estar merecendo tanto e acadar tan pouco. A non ser no encontro de incio de liga ante o Elxe no que se acadou un empate os méritos foron de vitoria para o equipo ilicitano. No resto ou fixemos merecementos para o empate ou a vitoria, sendo en tódlos casos o porteiro rival ou o MVP do encontro ou o mellor do seu equipo.

Na noite deste luns “Día de defuntos”, o rival era dos diretos e quecgaba cuns números moi probes como visitante pero a xogada de sempre de agasallo fixo que se puxesen por dinte sen merecementos e sendo en ataque o peor equipo que pasou por Riazor. Ningunha queixa contra os nosos que fixeron méritos de abondo para deixar o choque sentenzado no primeiro tempo cun par de mans a man de Yeremay dos que non acostuma a errar e cun disparo seco raso de Mella o poste dereito da porta de xeral, (esquina con Tribuna), que pasou lambendo a cepa do pau ca sensación da grada de que ía dentro, o canteirán xa tivera outra moi clara.

Na segunda metade foi un ir constante a polo empate e con boas ocasións pero co medo de que chegase o segundo deles nunha contra e foi nunha xogada a balón parado onde chegaba o gol. Mario Soriano empatou o encontro no minuto 64, ao executar unha falta ao bordo da área. O madrileño golpeou o balón raso, axustado ao pau dereito, facendo imposible a intervención de Herrera.

 

 

Cinco minutos despois chegou a mellor nova do encontro, Aubameyang que xa foi ovacionado o sair a quecer, saltou o terreo no 69 con todo estadio en pé e un aplauso atronador. Saeu por Luismi Cruz, que un minuto antes estrelara unha falta no longueiro.

Os un contra dous de Traoré levantaron a grada e saeu airoso en cáseque todos eles, chegando a levarse ata a 4 xogadores adversarios, e a remontada materializouse no minuto 88. Adama gaña a liña de fondo e pon un centro medido á cabeza de Aubameyang, o remate do futbolista gabonés é rexeitado por Herrera cunha gran intervención, metendo unha man miragosa que saca o bal´ón enriba da raia de gol, pero Bil recolle o rexeitamento e marca o 2-1 para desatar o delirio dos cáseque de 27 mil deportivistas en Riazor e os milleiros nas televisións e radios por todo o mundo.

Depor: Leo Román, Alti, Giménez, Loureiro, Quagliata (Adama, min. 55), Amatucci, Mario Soriano (Riki, min. 89), Mella (Ximo Navarro, min. 89), Yeremay, Luismi Cruz (Aubameyang, min. 69) e Nsongo Bil.

Árbitro: Jon Ander González, do comité vasco. Amoestou a M. Gómez (min. 36), Catena (min. 63), Abel Bretones (min. 81) e Kike Barja (min. 83).

Goles: 0-1, Budimir (min. 33); 1-1, Mario Soriano (min. 64); 2-1, Bil (min. 88).

Incidencias: Partido disputado no Estadio de Riazor ante 26.831 espectadores, en torno a un cento pamplonicas. Gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do accidente ferroviario de Toledo; de Carlos Souto, socio número 274 do Club; e de Francesco Milani, vicecónsul honorario de Italia.

 

Dor no fútbol español pola morte de Jesús de Miguel

O Tenerife comunica a triste noticia do falecemento do xogador, de 30 anos Jesús de Miguel, tras o grave accidente sufrido nun durísimo impacto sobre o céspede co porteiro Owono (Andorra), unha enorme dor que sufre todo o Tenerife, así coma o fútbol español e os afeccionados, dor a que nos unimos, D.E.P.

 

MANIFESTACIÓNS TRALO ENCONTRO

Antonio Hidal go e Mario Soriano pasaron ola Zona Mixta e ambos concidiron en que o “trunfo foi moi merecido”.

 

–

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

–