Depor 1-3 Castellón
Mal partido dos nosos que tiveron un premio excesivo co 1-0 de Yeremay. O Castellón foi superior sempre, tanto en defensa coma en ataque. O merecido 1-1 deixou tocado o Depor e non o desaproveitou o Castellón que remontou merecidamente. O mellor do encontro a pesares dos 3 goles foi Parreño que evitou unha derrota maior. Foron 3 goles nun encontro cando se levaban encaixados 3 en toda a liga en Riazor.
Día primeiro para levantarse deste fanecazo en toda regra, que ao mellor fai falla de cando en vez, que esto é moi longo e non hai nada de nada feito.