RESUMO E MANIFESTACIÓNS DO CÁDIZ 0-1 DEOR : “UNHA BATALLA MENOS”.

Cádiz 0-1 Depor

O Dépor deu un paso máis cara ao soño do ascenso tras vencer por 0-1 ao Cádiz CF no JP Financial Estadio nun partido moi serio dos de Antonio Hidalgo. Os branquiazuis dominaron boa parte do encontro e gozaron das mellores ocasións, especialmente nunha primeira metade na que Bil, Mario Soriano e Quagliata estiveron preto do gol. Ademais, Yeremay viu unha amarela que lle fará perder o seguinte partido, aínda que o club recorrerá a decisión arbitral.

Na segunda parte o Dépor continuou levando a iniciativa ante un Cádiz pechado atrás. Ferllo apenas tivo traballo ata os minutos finais, cando evitou o gol local cunha gran intervención. Cando parecía que o empate xa era definitivo, apareceu Stoichkov no minuto 88 para culminar unha gran xogada iniciada por Noé e asistida por Escudero, (os 3 que sairon dende o banco), desatando a euforia entre os máis de 500 deportivistas presentes nas bancadas.

Co triunfo, Os Nosos sitúanse segundos con 71 puntos, a só un do liderado, mantendo intactas as opcións de pelexar polo ascenso directo. Antonio Hidalgo destacou ao remate a capacidade do equipo para seguir crendo ata o final e a importancia dunha vitoria que mantén vivo ao Dépor na loita por todo.

Depor : Ferllo, Ximo Navarro, Noubi (Arnau Comas, min. 46), Loureiro, Quagliata (Escudero, min. 80), Villares, Mario Soriano, Luismi (Noé, min. 73), Alti, Yeremay (Stoichkov, min. 86) e Bil (Chouri, min. 73).

Goles:0-1 Stoichkov (min. 88)

Incidencias: partido disputado no Estadio JP Financial Estadio ante 15.872 espectadores, con uns 500 deportivistas nas bancadas, 8 deles da nosa peña. Viron cartón Quagliata e Yeremay e non poderán estar ante o Andorra. O de Yeremay foi por un empuxón no área que o árbitro entendeu como piscinazo pero que non o foi polo que supoñemos que o clube recurrirá.

MANIFESTACIÓNS

 

.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Vídeos : RC Deportivo