RESUMO E MANIFESTACIÓN TRALO DEPOR 2-1 LEGANÉS : “VAR-GOÑENTO”.

O Depor sobrepúxose a un novo “ataque” do VAR que as ten tomadas connosco. Nada máis comezar o encontro o árbitro Pjaos Vakera do colexio murciano pitou un penalti por mans na barreira que protexía un saque de falta o boorde do área. Estaba de frente e preto da xogada e o VAR chamouno para anular a sua decisión, pero o máis sangrante foi cando o encontro chegou o minuto 90, aumenta 8 minutos de desconto, que pasaron a ser nada menos que 17 e tras non pitar nada nunha man involuntaria de Chouri totalmente de costa en carreira dentro do área e co xogador e o balón en dirección a fora de banda, chamouno o VAR tras unha revisión de 8 minutos e pitou penalti, trocando de novo a decisión dél sobre o terreo de xogo e cunha visión inmellorable da xogada. Menos mal que Frllo fixo bo o de “penalti roubado, gol errado”. 

O resumo do encontro é que o depor dominou o inicio e tivo un par de ocasións claras, como un disparo de Yeremay ao lateral da rede e unha volea de Lucas Noubi que obrigou a intervir ao porteiro visitante, pero chegouse ao descanso sen marcar. Pola sua banda o Leganés adicouse a non deixar xogar e buscar algunha contra para sair da cova. Na segunda parte, o Dépor mellorou, aos poucos xa tivo a xogada na que se pita penalti e anúlao acertadamente o VAR. Antonio Hidalgo foi valente e sacou a un dianteiro por un defensa, saeu Chouri no canto de Ximo no 58 e sería protagonista ao igual co rapáz, Noé, que saía no 75 no canto de Luismi. Chouri nunha boa xogada deportivista recibía dentro do área de luismi e facía ó 1-0 aos poucs de entrar, (62’). O Leganés empatou por medio de Cruz (75’), pero Noé, saíndo desde o banco, fixo o 2-1 pouco despois.

O tramo final foi moi tenso: o Leganés enviou un balón ao longueiro e tivo o non penalti no desconto, pero Ferllo detívoo, asegurando unha vitoria clave para seguir na pelexa e poñerse provisionalmente no segundo chanzo con 68 a un do Santander.

Manifestacións de Benatti e Antonio Hidalgo

Na manifestación saeu o director deportivo Mássimo Benatti a zona mixta para evitar coa tensión acumulada que puidese haber algunha manifestación que puidera ter consecuencias tralo vivido o final do encontro,

 

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeos : RC Deportivo