Nin se xogou en Viveiro, nin había grupos de rock, pero si era o “Resurrection Fest”, e houbo cantadas e dabondas e unha vez máis fomos o equipo que resucita mortos, como pasaba antaño.
O Depor errou nas duas áreas e ata o colexiado se uneu a festa, axudado polo VAR, que si o chamou para anular o gol de Chouri, pero obviaron duas mans no área malaguista coma moitas outras que se levan pitado.
Mal partido, primeira e merecida derrota, ainda que demasiado abultada, e a resetear e pensar xa no vindeiro Domingo en Santander, (18:30 horas/17:30 GMT).