RESUMO DO QUE DEU DE SÍ PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A, ATA O PARÓN NAVIDEÑO E PREVIA DA 1ª XORNADA DO 2022.

 

Rematou o 2021 para os equipos da Preferente Norte Grupo Norte 1A da peor maneira posible, os casos de positivos en COVID-19 malvaron a competición, que twn a 4 equipos sen completar as 12 xornadas disputadas. O SD Fisterra que nas duas derradeiras xornadas deste 2021 tivo que suspender os seus encontros, acumulou en torno a trintena de casos, o que fai que teñan pendentes estes dous encontros. O da 11ª xornada ante o Agrupación Estudiantil, que  estaba previsto para o 26 de Nadal, e non se puido xogar, e o da 12ª ante o Laracha CF, pendente de data, e que ten este encontro menos. Tamén ten 2 encontros menos o colista, Agrupación Estudiantil, ante os fisterráns, e o choque ante o outro equipo costeiro, o Xallas FC, que ten pendente na Fontenala da 12ª xornada.

As previsións non son moi boas, nen nesta liga, nen no resto, debido ao descomunal aumento de contaxios, que se ven alimentados das festas navideñas.

Con todo o que está a pasar o máis claro é que o Atlético Arteixo é o rival a bater. Tan só perdeu un encontro, gañou 9 e empatou 2, con 27 goles a favor, sendo o equipo máis goleador e tan só 5 en contra, sendo o menos batido. A 5 puntos mira dende atrás aos arteixáns o Sigüeiro e pecha o podium deste 2021 o UD Paiosaco a 7 puntos dos arteixans e a 2 dos sigüeirenses.

No que respecta aos equipos costeiros, o SD Fisterra comezou ben, pero foi a menos e acabou véndose perxudicado pola pandemia, tan só gañando os dous pendentes se podería arrimar un pouco a zona de loitar por algo. O Xallas FC estaba a millorar, pero segue na penúltima praza.

 

13ª Xornada

Domingo 09 Xaneiro 2022

Atlético Arteixo-UD Paiosaco

Hora : 12:00

Campo : “Ponte dos Brozos”, (Arteixo)

Colexiado : Por determinar

 

CD Boiro-SD Fisterra

Hora : 

Campo : “Municipal de Barraña”, (Boiro)

Colexiado : Por determinar

 

Laracha CF-Xallas FC

Hora : 

Campo : “Municipal da Laracha”

Colexiado : Por determinar

 

Agrupación Estudiantil-SD O Pino

Hora : 

Campo : “Santa Isabel”, (Santiago de Compostela)

Colexiado : Por determinar

 

Booimorto CF-SD Dubra

Hora : 

Campo : “O Carballal”, (Boimorto)

Colexiado : Por determinar

 

Sigüeiro CF-Puebla FC

Hora : 

Campo : “Lino Balado”, (Sigüeiro-Oroso)

Colexiado : Por determinar

 

-Foto : DXT Campeón

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies