Riazor foi o segundo estadio con máis afluencia tralo da Final de Copa.
Depor 1-0 Unionistas
Completo encontro do Depor que non deixou facer nada a un dos mellores equipos da liga, que ainda que esté fora de promoción sacoulle puntos a cáseque todos os que loitan polo ascenso. Primeira metade de monólogo e na que o Depor foi dono e señor do encontro e das ocasións, pero faltoulle a definición de outras contendas. Tampouco estivo moito pola labor o colexiado asturiano, Carlos Fernández, que deixou sen sinalar dous claros penaltis, e ata houbo un terceiro, se fiamos tan fino como fixo él cun unverosimil cartón a Balenziaga aos dous minutos e medio de xogo, poñendo un listón tan alto, que como era de esperar despois non cumpriu. Hugo Rama ytivo as mellores ocasións deste primeiro periodo.
Na segunda meyade chegaría o gol tras un forte disparo de José Ángel que intelixentemente Barbero desviou enganando o porteiro. Puido chegar o segundo nas botas de Yeremay, Villares, ou o propio Barbero, pero non se movería o marcador, tendo máis temor polo escaso do marcador, que en sí, polo que inquietaba o Unionistas que rematou a porta nunha ocasións en todo encontro e foi no minuto 82.
Depor: Germán, Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Villares, Jose Ángel (Jaime, min. 90), Mella (Davo, min. 61), Hugo Rama (Rubén López, min. 74), Yeremay e Barbero (Raúl Alcaina, min. 74).
Unionistas de Salamanca CF: Iván Martínez, Ramiro, Erik, Villar (Jordi Tur, min. 63), Losada (Teijeira, min. 63), Álvaro Gómez (Alfred, min. 83), Jiménez, Adri Gómez, Etxaniz (Slavy, min. 54), Carlos Giménez e Serrano (Rastrojo, min. 46).
Goles: 1-0 Barbero (min. 52)
Árbitro: Carlos Fernández Buergo, do comité asturiano. Amoestou a Balenziaga (min. 3), Jose Ángel (min. 37), Adri Gómez (min. 45), Jordi Tur (min. 71), Erik (min. 78) e Raúl Alcaina (min. 90).
Incidencias : Encontro da 31ª xornada. A amonestación que sufreu Alcaina supón a quinta polo que non estará ante o Teruel. Xa traía 3 do anterior equipo. José Ángel veu a sua cuarta tarxeta, polo que se une aios aprecibidos. Por outra banda Mella saeu con molestias as que Idiakez lle quita importancia, máis alá de cuestión de fatiga dos músculos. Co empate do Barcelona B-Arenteiro, (1-1), a diferenza co segundo pasa a ser de 3 puntos.
Pedida de matrimonio
Especatacular ambente unha vez máis en Riazor con 26.566 espectadores, con en torno a 700 do Unionistas, e con dúcias de miles de bandeiras ondeando o sair os equipos, tralo chamamento de que se acudise con bandeiras branquiazuis. Nos descanso do encontro e coa do speaker de Riazor houboi sorpresa para Zulay, unha xove que creía que participaba no “Gol imposible”, cos ollos vendados foi levada ata medio do campo, chutou e tal como pedían os marcadores a afección berrou “gol!!!”. Cando a rapaza sacou a venda, axionllado estaba o seu mozo Javier, cun anel para pedirlle matrimonio…o que dixo que si antre a ovacións do público.
-Vídeos : RFEF e RC Deportivo
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”