RESUMO DO DEPOR 2-2 ARENTEIRO E MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO : IDIAKEZ, VILLARES, BALENZIAGA E JAVI REY.

A Banda de Gaitas de Malpica no centro do campo de Riazor.

 

Depor 2-2 CD Arenteiro

Empate dos que doen por como foi, pero resultado totalmente xusto. Adiantouse o equipo branquiazul tras unha combinación antre Lucas e Mella, que marca o de Teo axudándose do brazo. Puido deixar o encontro solucionado o depor na primeira metade pero faltou definición e tamén estivo maxistral Diego Rivas en disparos de Barbero, Lucas e Mella. A segunda metade foi outra historia, a cousa cambiou e foi o Arenteiro o que mandou, ainda así cando peor o estaban a pasar os nosos, chegou un auténtico golazo de Villares, por toda a escadra e dende fora do área. Parecía que a cousa pintaba ben, pero na xogada seguinte, un saque de curruncho mal defendido daba consigo o 2-1. Rivas fixo duas boas paradas a tiros de Lucas e Mella, pero de novo un saque de curruncho no desconto, o que subía Diego Rivas, este remataba mal, pero caíalle o balón o ex deportivista Romay e facía un xusto, pero doloroso 2-2, que acurta a ventaxe co Barcelona B a 4 puntos e ampliase co Nástic  e Vigo B a 8.

 Depor : Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Diego Villares, Jose Ángel, Mella (Davo, min. 86), Lucas, Yeremay (Cayarga, min. 86) e Barbero (Raúl Alcaina, min. 65).

CD Arenteiro: Diego Rivas, Jordan (Vitra, min. 80), Ger Nóvoa, Javi Moreno, Álvaro Ramón, Esquerdo, Marino Illescas (Marquitos, min. 80), Pibe (Romay, min. 84), Luis Chacón, Iván Ramos (Álex Cardero, min. 46) e Manín (Christian Santos, min. 65).

Goles: 1-0 Mella (min. 14); 2-0 Diego Villares (min. 64); 2-1 Luis Chacón (min. 67); 2-2 Romay (min. 90+4).

Árbitro: Gorka Etayo Herrera (c. vasco). Expulsou con vermella directa ao delegado do CD Arenteiro (min. 73). Cartón amarelo a Ger Nóvoa (min. 10), Álvaro Ramón e o segundo adestrador do CD Arenteiro (min. 17), Jose Ángel (min. 25), Esquerdo (min. 42), Pablo Martínez (min. 51).

Incidencias: Partido correspondente á 34ª xornada do grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 28.293 espectadores, en torno a 400 do Carballiño. Nos prolegómenos entonouuse o himno galego interpretado na parte musical pola Banda de Gaitas de Malpica, que si ante o Lugo estivo a ambos lados da portería de General, desta volta estivo en toda a circunferenza do centro do campo.

 

MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO

 

 

 

 

 

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo resumo : RFEF

-Vídeos roldas : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies