Depor 2-0 CyD Leonesa
Saeu nos primeiros minutos a Cultural como se quixese ir a polo encontro dende o comezo e puido poñerse por diante nun roubo con falta clara a Villares plántanse no área e dende o punto de penalti Marín dispara mal. Foi un espellismo pois o Depor fíxose co control do balón e na primeiro disparo a posta, mediada a primeira metade, chega o gol. Tras unha falta a favor dos nosos o colexiado deixa seguir o caerlle o rexeite do balón a Lucas que dende 30 metros levanta a cabeza e cun gran zurdazo fai un golazo pegado o pau dereito do meta visitante.
A partires do gol o Depor fíxose máis dono da pelota e contra o final do primeiro periodo Mella fixo unha das internadas das suas e dispara forte a porta pero para o porteiro en dous tempos. Pouco despois tras un roubo de Lucas este habilita a Barbero que dispara forte e fai unha gran parada Amigo.
Na segunda metade os deportivistas sairon a solventar o choque e xa naos primeiros compases, nunha contra, Lucas asiste a Mella que entra só por banda dereita e pegado o pau e sen porteiro manda fora e o mesmo tempo choca co poste, sin consecuencias. Sen tempo a asimilar a ocasión errada, de novo Lucas, asiste a Davo, que no man a man co porteiro paralla a bocaxarro. Tamén Villares gozou dunha gran ocasión pero o seu disparo dende o borde do área, bendirixido, foi collendo altura e pasando por enriba do longueiro.
A Cultural trataba de chegar arriba, pero este Depor é moi solidario e todos axudan a hora de defender, desde arriba ata a retagarda e só concedeu unha ocasión tras roubo, nun balón centrado dende banda dereita e que non rematou en boca de gol o “9” leonés por centímetros. Foi a única bagaxe ofensiva dos visitantes en todo o encontro.
No derradeiro cuarto de hora, Davo tras internarse por banda dereita con marchamos de gol, durmise e dou tempo a que lle interceptasen o seu disparo, que se foi o lateral da rede. Foi o prolegómeno do desexado e merecido segundo tanto. Jose Ángel controlou un balón solto na área do Dépor após un córner a favor da Cultural, arrancou con velocidade e lanzou o esférico cara á dereita, onde Cayarga correu e aguantou a arremetida de dous defensas, antes de virarse e poñela no corazón da área para a chegada de Davo. O ’11’ deportivista rematou ao primeiro toque cruzando o coiro por alto, lonxe do alcance de Amigo para asinar a súa sétima diana do curso.
O Deportivo só perdeu un dos últimos 22 encontros e suma 12 vitorias (as 5 últimas de maneira consecutiva) e 2 empates nos últimos 14 partidos. Ou o que é o mesmo, 38 dos últimos 42 puntos en xogo. Con 67 puntos, lidera o grupo 1 de Primera Federación.
Depor : Germán, Jaime, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Diego Villares, Jose Ángel, Mella (Cayarga, min. 76), Lucas (Rubén López, min. 87), Hugo Rama (Davo, min. 17) e Barbero (Raúl Alcaina, min. 76).
Cultural y Deportiva Leonesa: Amigo, Víctor García (Muguruza, min. 63), Rodri Suárez, Aleix Coch, Álvaro Martínez, Bicho (Kevin Presa, min. 73), Diego Barri, Calderón (Rodrigo Escudero, min. 73), Martín Solar (Aarón Rey, min. 59), Fabio e Dorian Junior (Guillermo, min. 59).
Goles: 1-0 Lucas (min. 21); 2-0 Davo (min. 86).
Árbitro: Víctor Pérez Peraza (c. tinerfeño). Cartón amarelo a Bicho (min. 8), Jaime (min. 69), Aarón Rey (min. 77) e Kevin Presa (min. 79). Permiteu excesivas faltas e deixou de pitar máis das que sancionou. Desquiciou ao equipo e a grada.
Incidencias: partido correspondente á 33ª xornada do grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor con novo record de asistenza na categoría, 29.079 espectadores, en torno a 700 do equipo visitante. Hugo Rama tivo que ser sustituido no minuto 17 o lesionarse. Extraordinario ambente co Dia das Peñas deportivistas con gran ambente antes do encontro e depois e ata altas horas da madrugada cos concertos orgañizados pola Federación de Peñas.
MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO
-Fotos : Xosé Búa “Pirata”
Vídeos : Xosé Búa “Pirata”/RFEF/RCDeportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”