RESUMO DO CORNELLÁ 0-1 DEPOR E MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO DE IDIAKEZ, RAMA E DAVO.

Villares voltou a ser a “sonbra” na sombra recollendo canto lle pasou o seu carón.

 

UD Cornellá 0-1 Depor

Encontro moi traballado deses que fai uns meses que de seguro empataríamos ou perderíamos, pero o equipo a pesares das baixas está instalado no optimismo e afronta os encontro convencido de gañar e se marca vai a por outro e se lle marcan vai a polo rival. Hugo Rama marcou o gol da vitoria tras unha boa internada de Balenziaga ata o fondo, pase atrás e o canteirán buscouse o espazo para rematar cruzado. Tivo un par delas mi claras o propio Hugo rama pero nunha saeulle o balón lambendo o poste e na outra tras gran pase de Mella, que xogou o derradeiro treito de encontro, precipitouse no seu remate e mandou alto con todo para marcar. Tamén tivo unha clarísima Barbero e centro lateral de Davod, pero rematou moi mal a bocaxarro. O Cornella tamén tivo 4 moi boas pero topouse con Parreño que estivo inmenso. Balenziaga cometeu un posible penalti, ainda que o xogador que o sufreu, nin ningún compañeiro, reclamaron. E quen sufreu un penalti que si reclamou foi Diego Villares. O final vitoria e 3 puntos nun choque que puido ter calquer resultado.

O Depor alcanza os 58 puntos e os 50 gpoles a favor e 22 en contra, Segundo choque sen recibir gol. Dos nosos rivais só xogou o Vigo B que caían en Talavera 1-0 e deixámolo a 7 puntos a espera do que fagan hoxe o resto, cun Ponferradina-Nastic, (12:00 horas),  no que algún, ou os dous van deixar puntos. O Barcelona B é o derradeiro en xogar este Domingo de Resurrección e farao ante o Osasuna B a partires das 19:00 horas.

Depor: Germán, Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Diego Villares, Jose Ángel, Davo (Mella, min. 60), Hugo Rama (Rubén López, min. 75), Yeremay e Barbero (Raúl Alcaina, min. 75).

Gol: 0-1 Hugo Rama (min. 30).

Árbitro: Armando Ramo Andrés (c. aragonés). Cartón amarelo a Sergio Ayala (min. 45+1), Barbero (min. 55), Caballero (min. 61), Rubén López (min. 78), Canario (min. 89) e Jose Ángel (min. 89).

Incidencias: Partido correspondente á 30ª xornada do grupo 1 de Primera Federación disputado na Ciudad Deportiva Dani Jarque, en Sant Adrià de Besòs, con preto de 1.000 deportivistas nunhas bancadas con capacidade para 1.520 espectadores.

 

 

MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO

 

 

 

 

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeos roldas e Foto : RC Deportivo

-Vídeo partido : RFEF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies