Cadiz 2-4 Depor
Dominou o Cadiz na primeir metade e tivo a primeira ocasión do encontro, pero sen embargo foi o Depor o que se adiantou, con moita fortuna, xa que un centro de Mella nunha das suas típicas entradas por banda, petou na perna de Kovacevic e foise o fondo das mallas no segundo pau. Non pasaron nen 2 minutos e nun centro mal defendido en banda esquerda deportivista remataba na liña de área pequena Álex Fernández a pracer entrado libremente dende o punto de penalti. Non foi capáz de reter o balón o conxunto deportivista nos primeiros 45 minutos, e puido irse o descanso con ventaxe tras unha xogada na que Yeremay aproveita un desentendemento antre a defensa local e o seu porteiro, rouba o balón e xa moi escorado manda o poste polo lateral.
A segunda metade foi distinta e veuse a un Depor autoritario e que facía aos cadistas correr detrás do balón. Non tardou en patentar o dominio co segundo gol e o comezo do “Show de Lucas”, que materializaba de maneira extraordinaria o seu primeiro da tarde tras unha xogada colectiva. Pedía perdón a sua ex afección e non celebraba o gol. Pero si recibía o aplauso unánime do público que coreaba o seu nome.
Este gol deixou tocado o equipo andalúz pero o colexiado empeñouse en ser protagonista e pitaba un penalti inexistente de Helton Leite o ex deportivista Carlos Fernández. O meta deportivista despexa o balón de puños e o xogador andaluz, que tentaba rematar de testa, cae agarándose a nuca. A dirección do balón, e a forza ca que sae despedido fan ver as claras que o meta é quen o despexa. Álex Fernández materializa o penalti e faille un xesto de burla o meta deportivista chupando o dedo.
Non se botou atrás o Depor e foi a polo encontro e pouco despois Lax Franco pitaba un penalti, tan inexistente coma o anterior, pero cando ía a lanzar Lucas, o VAR mándalle ir velo e anúlao. Segunda vez que o VAR lle anula un penalti o Depor tras ser sinalado polo colexiado de turno e estando a un par de metras da xogada. Para acabar de rematala o colexiado expulsaba a Mella inxustamente o ensinarlle o segundo cartón por unha entrada inexistente.
Nin con 10 se veu abaixo o equipo deportivista e sigueu buscando o gol, que chegou no 81 noutra xogada combinatiba na que Escuderon centra dende a banda, Barbero deixa de cabeza dentro do área para que Lucas regatee e marque o seu segundo gol e se repitan nas gradas os aplausos e o coreamento do seu nome.
Foi sublime e digno de alabanza o cuarto do Depor, obra de Lucas, nunha falta na que dende 40 metros manda o balón por toda a escadra e o público ponse en pé para aplaudilo e corear de novo o nome do de Monelos. Houbo 10 minutos de desconto pero o Depor non pasou apuros e foi dominador a pesar de estar con 10.
Cádiz CF: David Gil, Chust, San Emeterio, Sobrino (Rubén Alcaraz, min. 66 e Cristian Glauder, min. 77), Álex Fernández (Melendo, min. 66), Roger (Chris Ramos, min. 66), Brian, Iván Alejo (De la Rosa, min. 77), Kovacevic, Matos e Carlos Fernández.
Depor : Helton Leite, Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Escudero (Obrador, min. 82), Mfulu (Villares, min. 77), Mario Soriano (Jaime, min. 82), Mella, Lucas, Yeremay (Petxarroman, min. 88) e Barbero (Davo, min. 82).
Árbitro: Salvador Lax Franco, do comité murciano. Amoestou a Mella (min. 3 e min. 78), Víctor Chust (min. 52), Sobrino (min. 57), Helton Leite (min. 63), Álex Fernández (min. 65), Alcaraz (min. 72), Cristian Glauder (min. 82) e Lucas Pérez (min. 90).
Goles: 0-1 Kovacevic en propia meta (min. 37); 1-1 Álex Fernández (min. 39); 1-2 Lucas (min. 56); 2-2 Álex Fernández (min. 65); 2-3, Lucas Pérez (min. 81); 2-4 Lucas Pérez (min. 84).
Incidencias: Partido correspondente á 17ª xornada Segunda División disputado no Nuevo Mirandilla, ao que asistiron medio milleiro de afeccionados branquiazuis.
MANIFESTACIÓNS
-Foto e vídeos : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”