RESULTADOS E CRÓNICAS DA DERRADEIRA XORNADA DO TENIS DE MESA COSTEIRO E PREVIA DA VINDEIRA XORNADA.

RESULTADOS
.
3ª división nacional
Concello Mazaricos – AD Zas Ponciano Nieto  2-4
.
1ªdivisión galega
VTM Pinturas Figueiras – AD Zas Dimobel Bazar Baio  7-0
.
Comenzou a segunda volta das ligas cos enfrentamentos entre os equipos da comarca tanto en 3ª nacional coma en 1ª galega e esperabanse partidos moi igualados pero estos so se deron en A Picota entre os de 3ª nacional, os xogadores coñecense moi ben xa que entrenan moitas veces xuntos. En Vimianzo o único partido igualado foi  ultimo entre José A. Pazos e Julio Figueiras que poido ser para calquera dos dous pero Julio aproveitou a dinámica gañadora dos resto dos partidos para rematar o contundente 7-0. 
.
.
Concello Mazaricos – AD Zas Ponciano Nieto
.
.
Resultados parcias
.
3ª división nacional
Concello Mazaricos – AD Zas Ponciano Nieto  2-4
.
Alex Blanco – Raúl López            1-3
José A. Lado – Stevo                   3-1
Javi Rodríguez – Brais Blanco     2-3
Dobre (Javi/José) – (Raúl/Brais)  0-3
José A. Lado – Raúl López          3-1
Alex Blanco – Brais Blanco          2-3
.
Era favorito o AD Zas Ponciano Nieto para gañar este encontro pero tamén ao mesmo tempo esperabanse partidos moi igualados como así foi, pero non nos que se resolveron por 3-2 para Brais Blanco, pois todo preveia un 3-0 a seu favor e costandolle moito resolver cada un dos partidos. A clave da victoria zasence estivo no primeiro partido entre Alex e Raúl donde este mantivo serenidade para mover dun lado ao outro da mesa ao mazaricano e desquicialo mentalmente, así despois do primeiro set que gañou Alexa superioridade de Raúl mostrouse no marcador. Igualdade nos tres primeiros sets entre Stevo e José Ángel, Stevo no segundo set remontou un 5-10 en contra, no terceiro igualou despois dun 6-10 e caendo 11-13 e logo no cuarto xa non houbo historia. Moi ben José Ángel, notase que entrena con regularidade, e que despois gañoulle xa mais seguro a Raúl, No  dobre a superioride deos zasences reflexouse no marcador metendo bolas con seguridade e movendo na mesa aos mazaricanos que moitas veces chocaban entre eles.Deixando para o final os partidos de Brais Blanco qur deberia gañar por 3-0 os dous partidos e costoulle moito facelo polo axustado 3´2. Estiveron entrenando xuntos todo o Nadal e neles Brais foi sempre moi superior pero nos partidos oficiais a cousa cambia e parece que a presión lle pode ao zasence.
.
VTM Pinturas Figueiras – AD Zas Dimobel Bazar Baio
.
.
1ªdivisión galega
VTM Pinturas Figueiras – AD Zas Dimobel Bazar Baio  7-0
.
Francisco Paz – M. J. Castro              3-1
Brais Touriñan – José A. Pazos          3-0
Julio Figueiras – Matteo Yang            3-0
Dobre (Julio/Brais) – (Pazos/Castro)  3-1
Brais Touriñan – M. J. Castro              3-1
Nicolás Paz – Matteo Yang                 3-1
Julio Figueiras – José A.Pazos           3-2
.
Tiñan ganas de revancha do primeiro encontro da liga os de VTM Pinturas Figueiras e dende logo non esperaban fecelo tan contundentemente, están en boa dinámica de xogo e resultados e con esta victoria ascenden ao segundo posto da clasificación do seu grupo, nas vindeiras xornadas enfrentaranse aos da parte alta e colle aos soneirans en bo momento. En canto aos partidos do sábado en sí, houbo menos igualdade da esperada e so no partido de dobres e sobre todo no último entre José A. Pazos e Julio Figueiras se deron os resultados axustados. Como anecdota decir que o domingo M. J. Castro si lle gañou a Francisco Paz na Liga Malov pero eso non conta para os partidos das ligas.
.
Encontros para o vindeiro fin de semana
.
Sábado 18 de xaneiro, as 17’00 h.
.
3ª división nacional
AD Zas Ponciano Nieto – Zoolandia Conxo Ponte de Ferro no ximnasio do CPI de Zas
.
2ª división galega
Rias Baixas Giusseppe Anthoni – AD Zas O Pinar, en Ribadumia. Pontevedra
.
Domingo 19 de xaneiro
.
3ª división nacional
AD Dubratambre – Concello Mazaricos, as 11h en Val do Dubra
.
1ª división galega
AD Zas Dimobel Bazar Baio – Zoolandia Conxo, as 11 h. no ximnasio do CPI de Zas
.
2ª división nacional Femenina
A partir das 15:30 h. no Pavillón Municipal de Cee
Concello de Cee – SD A Baña
SD A Baña – CTM GAM 2F
Concello de Cee – CTM GAM 2F
.
Primeira competición oficial en tenis de mesa que se celebrará en Cee, será por parte do equipo femenino que debuta este temporada  en competición federada. Esta competición faise por concentracións e esta será a única que se fará en Cee.

.

-Foto  e Texto : Stevo Zas

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.