RESULTADOS E CRÓNICA DA XORNADA EN TODO O FÚTBOL COSTEIRO.

 

 

 

Derradeira xornada na Liga da Costa na que quedaba por saber quen sería o subcampión e quen quedaría a espensas dos arrastres. O Muxía que tiña que facer o mesmo co Corme para quedar segundo fíxoo e derrotou ao Cee por un axustado 4-3 nun encontro no que as defensas foron inferiores aos ataques. Os cormeláns tamén vencían en Muros pero a vitoria muxiana deixaba aos do Roncudo terceiros, pero sabedores, xa fai moito, de que xogarán o Play-Off. Por abaixo, desecenden e xa o saben fai semanas, Oza, Cerqueda e Corcubión, escapando os cerquedenses nesta derradeira xornada da “honra” de quedar como “faroliño vermello”. Todo apunta a que cos arrastres, que os vai a haber, o Volantes tamén caerá a 3ª da Costa, e moi probable que o faga tamñen o Monte Louro, e ata lle podería salpicar esta desgraza oCabana. Todo depende do que fagan Muxía e Corme na promoción, pois na 1ª Galicia poderían caer 3 equipos costeiros a Liga da Costa.

Agora os equipos a pensar uns na promoción, outros a mirar para elas para salvarse etodos eles na Copa da Costa na que na previa que se xogará o 14 de maio, e na que destacan os derbis Ponteceso-Corme, Sporting seaia-Cerqueda, ou o Camelle-Muxía, que se pode catalogar como derbi, pois no equipo camellán, pode que xoguen máis muxiáns que no propio Muxía, ademáis todos eles canteiráns do equipo da Vila da Barca no seu día.

 

 

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”