RESULTADOS E CRÓNICA DA 1ª XORNADA DOS XUVENÍS, CADETES E INFANTÍS DA COSTA :

Aqui tes tódolos resultados da 1ª xornada do fútbol base da costa que comezaba nos infantís o venres día 20 e nos cadetes e xuvenís o sábado, completandose no día de onte nos cadetes.

No que se refire aos Infantís o ED Os Miúdos derrotaba por un contundente 15-1 ao debutante CF Porteño, sendo por golaveraxe o equipo muradán o primeiro lider da 2019/20. Nesta liga o primeiro “Pichichi” é Iván París do ED Os Miúdos que fixo 6 goles.

Nos cadetes o primeiro lider do campionato presente é o UC Cee que gañaba no “Cabo d´area” por 1-5 ao SD Laxe. O máximo goleador deste inicio de liga está compartido con Isaac Vilar do UC Cee cos mesmos 3 goles ca Mauro Castro do SD Fisterra.

No que se refire aos Xuvenís, que se xogaba toda a liga o sábado, tal e como vos apuntamos na previa das tres ligas, o primeiro lider é o Cabana SD que derrotaba ao FC Camariñas por 9-0, un gol máis ca o SD Soneira que lle facía un 8-0 ao SD Coristanco. O “Pichichi” desta primeira xornada é Luis Manuel Ferreiro do Sporting Seaia CF con 4 goles, un deles de penalti.

RESULTADOS

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es