Patri Romaní marcou ante o Zas.
Penúltima xornada na 3ª Galega Feminina na que temos 11 equipos da costa no Grupo 2 e 3 equipos no Grupo 4 e nas que o único que está en xogo é unha praza de ascenso a 2ª Galega como mellor segundo clasificado dos 5 grupos que compoñen a 3ª Galega. Con estas tesituras temos a opción de que ou o Muxía ou a Esteirana ascendan e acopañen o Corme, campión do Grupo 2. Para que esto suceda o que máis probabilidades ten e o equipo muxián que terá que vencer o Corme a vindeira fin de semana se quer ascender, namentras que a Esteirana terá que vencer o Céltiga e esperar que as muxianas non derroten as cormelanas. Derradeiro escollo para ambas escadras xogandose todo ante as líderes e campionas de ambos grupos, mágoa que sexan dous equipos dos nosos os que se xoguen todo a unha carta polo feito de que un dos equipos quedarase coa mel nos beizos.
3ª GALEGA FEMININA G2
-25ª Xornada-
(25/05/2025)
UD Corcubión 4-0 Cabana SD
Soneira SD 3-1 UD Cerqueda
Corme CF 3-0 EFCC “Juan Cabrejo”
Sporting Zas 0-8 CF Muxía
CF Mazaricos 0-1 SCD Pastoriza B
SD A Baña 0-6 Ponteceso SD
Bergantiños FC B 14-0 SD Fisterra
-CLASIFICACIÓN-
(Penúltima xornada)
1º Corme CF : 71 puntos, (Campioas)
2º CF Muxía : 62 puntos
3º Ponteceso SD : 56 puntos
4º UD Corcubión : 53 puntos
5º Bergantiños FC B : 51 puntos
6º EFCC “Juan Cabrejo” : 46 puntos
7º Cabana SD : 41 puntos
8º CF Mazaricos : 36 puntos
9º SCD Pastoriza B : 27 puntos
10º Soneira SD : 24 puntos
11º Sporting Zas : 18 puntos
12º UD Cerqueda : 11 puntos
13º SD A Baña : 6 puntos
14º SD Fisterra : 6 puntos
3ª GALEGA FEMININA G4
-25ª Xornada-
-25/05/2025-
Outes FC 0-5 SD Chispa
Juventud Cambados 5-0 EFMC Boiro B
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 1-4 CD Rois
Céltiga FCF 8-0 ED As Miúdas
Catoira SD 0-14 SCDR Esteirana
CD Mosteiro 2-2 CCD Taragoña
Bastavales UD 6-0 Milladoiro SD
-CLASIFICACIÓN-
(Penúltima xornada)
1º Céltiga FC : 70 puntos, (Campioas)
2º SCDR Esteirana : 59 puntos
3º Juventud Cambados : 55 puntos
4º SD Chispa : 55 puntos
5º CCD Taragoña : 54 puntos
6º EFMC Boiro B : 40 puntos
7º ED As Miúdas : 37 puntos
8º CD Rois : 36 puntos
9º Outes FC : 31 puntos
10º Bastavales UD : 25 puntos
11º CD Mosteiro : 24 puntos
12º EFF Sonnoia Portus Apóstoli : 15 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-Texto e foto : Xosé Búa “Pirata”