RESULTADOS DOS DAZASEISAVOS DA “LIX COPA DA COSTA”.

Aquí tódolos resultados que se deron nos Dazaseisavos de Final da “LIX Copa da Costa”, que viñeron a corroborar as nosas críticas. Este sistema de copa desvirtualiza a competición máis senlleira do fútbol afeccionado do fútbol afeccionado galego. Partidos baixo temporal, como é o máis normal nesta época, con sufrimento para os xogadores e con baixa asistencia os campos por este motivo e con risco de lesións e baixo interés. Falando do apartado deportivo un par de sorpresas, a eliminación do Castríz, lider indiscutible da Liga da Costa a mans do Sporting Seaia e a do Camelle, tamén da Liga da Costa, a mans do Cerqueda da 3ª da Costa.