RESULTADOS DE TODO O FÚTBOL CON EQUIPOS DA COSTA NUN SÓ “CLICK” : PREFERENTE, 1ª GALICIA, LIGA DA COSTA E 3ª DA COSTA.

O Baio caeu pola mínima ante o Coirdeiro na 1ª Galicia G2.

 

Aquí tes nun só artigo as crónicas dos nosos equipos na Preferente Norte, e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. Esta é unha web caseira e por tanto as veces non podemos achegarnos as cousas como queixéramos por mor de asuntos laborais, as veces, e outras de saude, ou persoais, xa que fago todo eu. Esperamos en breve poder traervos as crónicas coma estes anos co comentario do adestrador do equipo, pero agora mesmo énos imposible.

Aquí as tedes dunha maneira distinta e seguindo a cronoloxía da acta que publica a RFGF, que pode estar equivocada e algún gol, ou goleador, estar equivocado en cronoloxía ou nome.

PREFERENTE NORTE

-3ª Xornada-

SD Sofán 3-3 Victoria CF

Se no primeiro encontro na casa o Sofán vía como lle empataban un 1-3 nos derradeiros minutos de xogo, desta vez o resultado era o mesmo pero era o equipo sofanista o que recuperaba un punto nos derradeiros intres do encontro, tras empatar a dous e remontarlle os coruñeses.

Goles : 1-0, Parafita, (32´); 1-1, Samuel, (44´); 1-2, Alberto, (64´); 2-2, Javier Souto, (67´); 2-3, Miguel, (82´); 3-3, Braian, (86´). 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

-3ª Xornada-

CD Baio 0-1 Cordeiro CF

Un gol de Alejandro Magariños no derradeiro cuarto de hora de encontro dáballe os 3 puntos aos santiagueses, nun choque no que os baieses non mereceron perder.

Goles : 0-1, Alejandro, (72´).

SD San Lorenzo 2-0 SCDR Esteirana

Un gol de Juan nada máis comezar o choque puxo por diante aos de Berdillo nun encontro bastante limpo e que non se aclarou ata pasada a hora do segundo tempo cando chegaba o gol da sentenza dos berdilleses. Aí o choque volveuse máis trabado, e ata no desconto sería expulsado o adestrador dos esteiráns.

Goles : 1-0, Juan Díaz, (6´); 2-0, Juan Díaz, (65´).

SD Fisterra 0-2 Puebla FC

Aguantoulle ben o Fisterra a un dos que estarán arriba loitando por todo, pero un gol en propia porta de Fabián poñía por diante aos da Puebla. Xa no treito final cos fisterráns volcados na procura do empate chegaba o da sentenza.

Goles : 0-1, Fabián, (59´); 0-2, Arturo, (83´).

CD Sport Team Estrada SP 1-2 CF Dumbría

Repiteu o muxián Lucas Toba por terceiro encontro consecutivo e desta volta o seu gol valeu para axudar a primeira vitoria dos dumbrieses. Bastaron 6 minutos para que o xove muxián perforase a porta estradense e media hora máis tarde Miller facía o segundo. Manu Fuentes acurtaba pasada a hora de xogo, para os da Estrada, pero os dumbrieses metíanse o mono de traballo e aguantaban o marcador.

Goles : 0-1, Lucas Toba, (6´); 0-2, Miller, (38´); 1-2, Manu Fuentes, (69´).

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO : PREME AQUÍ

 

LIGA DA COSTA

-2ª Xornada-

Volantes de Baño FC 2-4 UD Monte Louro

24/09/2023 ás 17:00 horas

SD Camelle 3-5 UC Cee

24/09/2023 ás 16:30 horas

CF Mazaricos 2-1 CD Baiñas

24/09/2023 ás 16:30 horas

Corme CF 2-4 Camariñas FC

Goles : 0-1, Djibril, (20´); 1-1, Alejo, (34´de penalti); 1-2, Roi Carril, (42´); 1-3, Hugo, (51´); 2-3, Martín, (60´); 2-4, Mario, (90´).

CF Porteño 5-1 Ponteceso SD

24/09/2023 ás 16:30 horas

Outes FC 0-1 CF Muxía 

24/09/2023 ás 18:00 horas

SD Coristanco 2-4 SD Castriz

Goles : 0-1, Brais, (11´); 0-2, Juan, (43´); 0-3, Sebas Rial, (57´); 1-3, Raúl, (83´); 1-4, Juan, (83´); 2-4, Ángel, (88´).

Cabana SD 1-4 CD Muros

24/09/2023 ás 16:30 horas

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

3ª DA COSTA

-2ª Xornada-

Sporting Zas 0-1 Xallas FC

24/09/2023 ás 17:00 horas

SD Laxe 1-0 Atlético Pereiriña FC

24/09/2023 ás 17:00 horas

SCD Buño 2-1 UD Corcubión

24/09/2023 ás 17:00 horas

SCD Malpica 4-1 CD Nantón

17/09/2023 ás 17:00 horas

Soneira SD 0-2 UD Cerqueda

24/09/2023 ás 17:00 horas

CF Lira 0-3 Sofán B

24/09/2023 ás 17:00 horas

SD Ameixenda 0-5 SD Oza

24/09/2023 ás 16:30 horas

Descansa : Sporting Seaia CF

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

-Foto : Luis González Botas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies