RESULTADOS DE PREFERENTE, 1ª GALICIA G2 E LIGA DA COSTA

O Mazaricos pode proclamarse a vindeira semana campión da Liga da Costa no seu feudo.
-“Cal e area ” en Preferente. Bos resultados menos un na 1ª Galicia G2 e na Liga da Costa o Mazaricos a un encontro de ser campión-
Na Preferente Norte saeulle respondón o SD Órdenes ao SD Sofán que plantaba cara nun complicado encontro no que os sofanistas gañaban por 4-3 e facíanlle un favor ao Xallas FC que caía goleado ante o lider CD As Pontes, (0-5). Na 1ª Galicia G2 o SD Fisterra plantou cara na sua visita ao lider Sigüeiro CF, (0-0), nun choque no que os fisterráns puideron coller a primeira praza. Vitoria importante a domicilio da SCDR Esteirana ante o SD Piloño, (0-2) e polos mesmos parámetros o SD Soneira que derrotaba a domicilio pola mínima ao UD Bastavales, (0-1). O CF Dumbríaigualaba a uns, (1-1), co Tordoia CF e a única derrota chegaba no “Platas Reinoso” onde o CD Baio caía goleado polo terceiro clasificado, SD Flavia, (0-5). No que se refire a Liga da Costa o CF Mazaricos goleaba ao Muxía CF a domicilio, (0-3) e a vindeira semana podería ser campión de liga se derrota ao Corme CF no “Pedra d´ouro”. Os cormeláns non pasaban do mpate no “Cairo” ante o Sporting Zas, (1-1), que se aferra a salvación. O SD Pontecesofacíalle un “7” ao SD Ameixenda, (7-0), e o SCD Malpica a seguraba a categoría goleando ao CD Baiñas, (0-3). Na loita por non descender o máis perxudicado era o SCD Buño que se vía superado polo Volantes de Baño CF, (0-4) que segue soñando con acadar a segunda praza que da opción a promoción. Pola sua banda o UD Monte Louro, sacaba un punto ante o UD Cerqueda, (0-0) e o UC Cee tamén o facía ante o SD San Lorenzo, (1-1). Non se xogaba o CD Muros-CF Lira o estar o “Eleuterio Balayo” anegado de auga por mor da chuvia.

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-