RESULTADOS DA 10ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “1 ENCONTRO SÁBADO, 3 DOMINGO E 1 APRAZADO POR CASOS DE COVID-19”.

3ª DA COSTA

 

10ª Xornada

Sábado 08 de Xaneiro 2022

Atlético Pereiriña FC 4-2 CF Castrelo

Hora : 16:15

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Adrián Pérez Rellán. Non amonestou a ningún xogador.

O Castrelo púxolle difíciles as cousas ao Pereiriña, pero faltaron forzas no treito final, e máis tendo en conta que chegaban ao Sampaio de Refoxos, o campo de maiores dimensións da competición, con tan só 12 xogadores. Roi Caamaño adiantaba aos da parroquia vimiancesa aos 35 minutos de xogo, gol que neutralizaba para os da parroquia ceense, José 5 minutos despois, resultado co que se ían a vestiarios. 

Xa na segunda metade Isma Graiño poñía por diante aos pereiriñáns a hora de xogo, pero pouco duraba a ledicia pois, 5 minutos despois, Dani Picallo, (65´), poñía de novo as táboas no marcador. Voltaban a poñerse por diante os da Pereiriña, 5 minutos despois, (70´), cun tanto de Carlos Balnco, e xa con máis corazoón que forzas os vimianceses trataban de igualar, pero no ciclo de 5 minutos cada gol, no 75, de penalti, Javier Cal0 finiquitaba o encontro.

 

Domingo 09 de Xaneiro 2022

SD Ameixenda 0-2 CF Porteño

Hora : 17:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro.

 

SD Oza 5-4 Xallas FC “B”

Hora : 16:30

Campo : “O Carral”, (Sofán-Carballo)

Colexiado : Juan Marcos Ríos Suárez.

 

Sporting Seaia CF SD Camelle

-Aprazado por casos de COVID-19-

Hora : 

Campo : 

Colexiado : 

 

UD Corcubión 1-2 SD Laxe

Hora : 16:15

Campo : “Novo Cubaleiro”, (A Redonda-Corcubión)

Colexiado : Iván Vilanova Antelo.

 

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia