RESULTADOS, CRÓNICAS DA PASADA XORNADA E VINDEIROS ENCONTROS DO TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS.

Participantes na Concentración de Meaño co debut das de Cee.

.
Resultados
.
3ª división nacional masculina
Concello de Mazaricos – Ribadeo TM   2-4
Dez Portas  – AD Zas Ponciano Nieto   4-0
.
1ª división galega
VTM Pinturas Figueiras  – Arteal Ventanas  4-3
Oroso Peluquería Tije – AD Zas Dimobel Bazar Baio  6-1
.
2ª división galega
CTM GAM Mas – AD Zas O Pinar   0-7
.
2ª división nacional femenina
SD A Baña – Concello de Cee          3-0
CTM GAM Fem – Concello de Cee  3-0
CTM GAM Fem – SD A Baña           3-0
.
Solo dúas victorias na categoría masculina, a de AD Zas O PInar e a sorprendente, ou non tanto do VTM Pinturas Figueiras nunha xornada marcada polo inicio da 2ª división nacional femenina e  dentro dela do debut do equipo Concello de Cee que empeza a súa andaina neste deporte. Os outros tres equipos do AD Zas foron derrotados,  de forma contundente o AD Zas Ponciano NIeto e o AD Zas Dimobel Bazar Baio e o Concello de Mazaricos puxollo dificil aos de Ribadeo pero nada mais. 
.
CTM GAM Masculino, (esq)-AD Zas O Pinar, (der) da 2ª Nacional.
.
Resultados parciais
.
3ª división nacional masculina
Concello de Mazaricos – Ribadeo TM   2-4
.
Alex Blanco – Javier de Burgos  3-2
Javi Rodríguez – Raúl Barcia      2-3
David Vilariño – Rufo López        0-3
Dobre (Alex/Javi) – (Rufo/Raúl)   3-2
Alex Blanco – Raúl Barcia            1-3
David Vilariño – Javier de Burgos   1-3
.
Dez Portas  – AD Zas Ponciano Nieto   4-0
.
Álvaro Sanchez – Brais Blanco      3-0
Xabi Carricoba – Raúl López          3-1
José L. Méndez – Stevo                 3-2
Dobre (Xabi/José) – (Raúl-Brais)    3-1
.
Outras dúas derrotas para os equipos do AD Zas,, una clara ante os de Ribadeo e a outra contundente en Lugo, Os de Concello de Mazaricos xogaron moi ben pero ao non xogar Miguel Rey deixaos en clara inferioridade contra os rivais. De agora en adiante terá que xogar para retomar a senda das victorias. En canto ao AD Zas Ponciano NIeto debe cambiar moito se quere estar nunha zona sen apuros, Agora veñen 15 dias de descanso das ligas nas que deben resetear e cargar as forzas para os compromisos da liga. 
.
.
1ª división galega
VTM Pinturas Figueiras  – Arteal Ventanas  4-3
.
Julio Figueiras Lino García              0-3
Brais Touriñan – Gonzalo García     3-1
Francisco Paz – José A. Arnejo        3-2
dobre (Nico/Julio) – (Lino/Gonzalo)  0-3
Brais Touriñan – Lino García            1-3
Julio Figueiras – José A. Arnejo       3-2
Francisco Paz – Gonzalo García     3-0
.
Oroso Peluquería Tije – AD Zas Dimobel Bazar Baio  6-1
.
José M. Ratón – Victor Mendez     3-0
Julio Pampín – José A. Pazos        3-1
Victor Valcarce – Manuel J. Castro 2-3
Dobre (Ratón/Julio) . (Pazos/Castro) 3-0
Julio Pampín – Victor Méndez            3-1
José M Ratón – Manuel J. Castro      3-0
Victor Valcarce – José A. Pazos         3-1
.
Victoria apurada e con moito esforzo a conseguida polo VTM Pinturas Figueiras e con parciais de 3-2 favorables, xa van dominando os nervios, destacar que todos puntuaron para a victoria o que levanta os ánimos. Así darle a noraboa a Paco,Julio Brais e Nico por un triunfo que xa os pasa a zona alta da clasificación. Por outra parte esperabase un encontro mais igualado entre os veteranos de Zas e Oroso, pois xa se coñecen ben e os seus partidos soen ser moi nivelados pero desta vez os de Oroso gañaron con claridade, que so cederon un partido ante Castro 
.
.
2ª división galega
CTM GAM Mas- AD Zas O Pinar   0-7
.
Xoan Rodriguez – Laura García   1-3
Ricardo Buceta – Adrián Levoso   1-3
Brais Rodríguez – Manuel Barreira 0-3
Dobre (Xian/Ricardo) – (Adrián/Manuel) 0-3
Ricardo _Buceta – Laura Garcia     1-3
Xoan Rodríguez – Manuel Barreira 3-2
Brais Rodríguez – Adrián Levoso    3-1
.
Victoria clara e contundente  a do AD Zas O PInar que aproveitaron o seu desprazamento a Meaño para impoñerse a un equipo que debuta este anoe ao que desexamos moitos exitos vindeiros. De momento os de Zas suman a súa segunda victoria e dan algo de alegria ao club pois o resto de resultafdos non foron positivos. MOi ben os integrantes do equipo Laura, Manuel e Adrián que desfrutaron do viaxe de retorno, coma xe neles é habitual, cunha boa pizza para cear
.
.
2ª división nacional femenina
SD A Baña – Concello de Cee          3-0
.
Noelia Carnota – Sabela Abel    3-0
Aba Pérez – Icía Platas              3-0
Dobre (Noelia/Alba) – Icía/Sabela) 3-0
.
CTM GAM Fem – Concello de Cee  3-0
.
Monica Garcia – Elena Paz     3-0
Sandra Escudeiro – Helena Otero 3-0
Dobre (Monica/Sandra) (Elena/Helena) 3-0
.
CTM GAM Fem – SD A Baña           3-0
.
Artemisa Becerra – Noelia Carnota  3-0
Monica Gacía – Alba Pérez             3-0
Dobre (Monica/Artemisa) (Noelia/Alba) 3-2
.
Inicio esta liga de 2ª nacional Femenina que por sistema de concentracións disputase entre os equipos femeninos que empezan neste deporte como foi o caso do Concello de Cee, este non foi capaz de gañar ningún set pero deron mostras de saber estar e desfrutaron que realmente é o importante cando se fai unha actividade física. POr eso darlle a noraboa a benxaminas e alevinas de Cee por este comezo. por outra parte o marrón levaronno as de SD A Baña pois caeron claramente ante as de Meaño cando o ano pasado as superaran con facilidade. a falta de entreno notouse moito nas do val da Barcala.
.
.
VINDEIROS ENCONTROS
.
Para o vindeiro fin de semana será o campionato zonal, donde participan deportistas das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Pais Vasco e Castela León, que desta vez celebrarase no recinto feiral de Silleda ao estar o Lalín Arena en obras. Nesta ano serán poucos os participantes do club AD Zas que participen xogando. Brais Blanco en sub23, Raúl López e Alex Blanco en xuvenil; e Laura García en alevín serán os unicos representantes da comarca. So os nove primeiros de cada categoría teñen garantizado a súa clasificación para o estatal de Valladolid do mes de febreiro. Poucas posiblidades para os nosos ainda que non se descarta ningunha.
.
-Fotos e Texto : Stevo Zas

-Nas fotos as xogadoras da concentración de Meaño e o equipo AD Zas  O Pinar tamén en Meaño.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies