RESULTADOS, CLASIFICACIÓN E CRÓNICA DA 9ª XORNADA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA : “O SAN LORENZO VOLVE O LIDERATO TRALA DERROTA DO ARASOLIS ANTE O SAN ROMÁN”.

 

O Arasolis FC cae a segunda posición.

 

O duelo da xornada xogábase no Municipal da Larcha, o lider, Arasolis FC visitaba ao terceiro en disocrdia , o ACD San Román, un choque moi disputado, no que se adiantaban os laracheses aos 14 minutos de xogo, cun tanto de Óscar Suárez, e que con moita disputa e os fisterráns a prcura do empate, chegaba nos derradeiros intres o gol de Martín Pombo, (82´), que mataba o encontro. O propio Martín facía no desconto, con todo po peixe vendido, o definitivo 3-0, que desbancaba ao Arasolis do liderato, en pos do SD San Lorenzo, que derrotaba por 2-1 ao ACD Veteranos Ponteceso, nun choque controlado polos carballeses, e que sempre foron por diante no marcador, pois o gol visitante chegaba no desconto. Esto fai que se aprete un pouco máis a parte alta.

Por abaixo, ninguén quer espabilar, e perderon os últimos 5, só o San Ramón, subeu postos, xa que consigueu a vitoria, e foi na sua visita ao Fisterra de Veteranos, colista da liga.

 

CLASIFICACIÓN

 

VINDEIRA XORNADA

 

-Foto : Arasolis FC

-Texto : piratasdemuxia

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies