REPORTAXE : A “DANZA DAS ESPADAS DE QUINTÁNS 2025”, UN CÚMULO DE EMOCIÓNS E CULTURA.

 

A Danza das Espadas no primeiro tercio do Século XX.

Tódolos anos e dende fai máis de cen anos, a primeira fin de semana de Agosto celébrase en Quintáns, (Muxía) a festa na honra de San Isidro Labrador e Santa María da Cabeza. Unha tradición que se perdeu uns anos pero foi clave na recuperación contemporánea desta tradición José Blanco Méndez, coñecido como “O Carnesán”. Este danzante, tras sufrir unha enfermidade grave, prometeu recuperar a danza e, xa curado, reuniu un novo grupo a final dos anos 1970 para relanzar a tradición, incluíndo tamén mulleres no grupo cando faltaban mozos.

Hai duas teorías sobre como chegou a Quintáns, unha delas é que fose traida por veciños que emigraron alén do mar e que se trate dunha danza dos paises hispanos de America e a outra que ten o mesmo contexto pero que se trate que chagse de emigrantes que estiveron en paises europeos e que quixeran incorporar eso que viron, fai máis de cen anos i en ambos casos. 

A peza que se toca é única de Quintans e os seus compases vertixinosos fan que acaben extenuados tanto os danzaríns coma os músicos. Ao final da reportaxe fotográfica hai un vídeo no que podedes ver esta fermosa danza e a peza musical que interpretan o Grupo de Gaitas “Xaramiños do Corpiño”, (Muxía), na festa deste 2025 en Quintans.

Un detalle que se perdeu deste día de festa é que antigamente a imaxe de San Martiño saía da capela de Quintáns e ao mesmo tempo dende a Igrexa de San Martiño, (a 2 Kms), saía a imaxe da sua muller, Santa Maía da Cabeza e atopábanse na bifurcación do Cruceiro do Muiño, (a metade de camiño), para voltar a Quintáns acompañados da danza e dos devotos, para tralo remate da procesión quedar xuntos na capela de Quintáns, lugar que leva o seu nome da palabra latina que significa “lugar de xuntanza”, pois aquí houbo un gran mercado en tempos antigos, tanto de animáis coma de produtos da agricultura.

 

-Danza das Espadas de Quintáns 2025-

 

 

In memoriam

 

Esta reportaxe vai adicada a duas persoas relevantes na Danza das Espadas de Quintáns, que tristemente nos deixaron neste 2025,  a Gerardo Roa, bombeiro dos Xaramiños do Corpiño, que tantos anos participou aportando a sua música, e a Pedro Felipe Pazos, un dos que axudou a manter viva a danza nos derradeiros anos, primeiro como danzarín e espadachín principal, logo como mestre das novas xeracións e por sempre axudante en tódolos detalles, un legado que sigue cos seus fillos partícipes na danza.

.

-Texto, fotos e vídeo : Xosé Búa “Pirata”

-Foto antiga : Ramón Caamaño/Bar Plaza de Quintáns