REPASO O QUE LEVAMOS NA 3ª DA COSTA NESTE FINAL DE 2021, E PREVIA DA 1ª XORNADA DO 2022.

3ª DA COSTA

O CF Porteño aglutina veteranos e xoves promesas.

 

O ano futbolístico na Costa da morte despideuse da maneira máis cruel, co tráxico pasamento do xove ex xogador da base do Corme CF, e actualmente árbitro do fútbol afeccionado e de base, Lucas Vicente Vidal, (D.E.P.), que o derradeiro encontro no que imparteu xustiza nesta categoría foi o 12 de Nadal do 2021, un encontro con moito en xogo no “San Paio de Refoxos de Cee, no que se enfrontaban o Atlético Pereiriña FC e o lider CF Porteño e que acabou co resultado de 0-2 para os da Ponte do Porto.

Voltando o puramente deportivo, nestes intres de competición a supremacía está a ser do CF Porteño e o UD Corcubión, ambos con 20 puntos de 6 encontros gañados, 2 empatados e tan só 1 perdido, dos 9 que levan xogado. Na efectividade en ambas porterías o equipo porteño é o lider en solitario, sendo o equipo que máis goles marcou con 26 e o que menos encaixa, con tan só 9, ademáis do meta menos batido, teñen o pichichi, o xuvenil, Alan Suárez con 10 goles en 8 encontros.

Pero a supremacía destes dous está a aser asexada por equipos que veñen de menos a máis, coma o Xallas FC “B”, a dous puntos e amosando un moi bo intre de xogo e resultados, así coma o Sporting Seaia CF, a 6 da cabeza, pero amosando moi boas prestacións. Logo hai un grupo que anda dando bandazos e perdeu algo de comba, como o SD Oza, Camelle SD, SD Laxe e Atlético Pereiriña FC. Dos que non hai ainda noticias é do SD Ameixenda e o CF Castrelo, ainda que os ceenses protagonizaron a “machada” da primeira volta o derrotar o daquela lider en solitario, a domicilio, UD Corcubión.

 

AVISO

Os horarios que aparecen,con toda probabilidade serán cambiados na sua maioría, e tamén o máis seguro é que haxa algún encontro o sábado 08 de Xaneiro. Valga de referenza os primeiros choques do 2022, que cando sexan firmes repetiremos na previa.

10ª Xornada

Domingo 09 de Xaneiro 2022

SD Ameixenda  CF Porteño

Hora : 16:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Por determinar

 

SD Oza Xallas FC “B”

Hora : 16:30

Campo : “O Carral”, (Sofán-Carballo)

Colexiado : Por determinar

 

Sporting Seaia CF SD Camelle

Hora : 18:15

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)

Colexiado : Por determinar

UD Corcubión SD Laxe

Hora : 16:15

Campo : “Novo Cubaleiro”, (A Redonda-Corcubión)

Colexiado : Por determinar.

 

Atlético Pereiriña FC CF Castrelo

Hora : 16:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Por determinar.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

MÁXIMOS GOLEADORES

Alan, (CF Porteño) : 10 en 8

Sergio Cancela, (Sporting Seaia CF) : 8 en 8

Sergio Barbeira, (Xallas FC B) : 8 en 8

Paredes, (SD Laxe) : 8 en 9

 

-Foto : FaceBook CF Porteño

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies