REPASO DO DEPOR A PONFERRADINA, (7-1), NO AMIGABLE DE ADESTRAMENTO EN VILALBA.

 

Depor 7-1 SD Ponferradina

Repaso dos xogadores do Depor a unha Ponferradina que se veu superada polo ritmo alto que propuxo o equipo deportivista, que aos 4 minutos xa gañaba por 2-0. Non foi máis ca unha pachanga de adestramento, pero xa se viron cousiñas, coma a verticalidade das bandas deportivistas, con Antoñito e Quiles por unha banda, e con Raúl Carnero e Narro, pola outra, co encganche de Soriano por detrás de Santamaría. Foron 5 na primeira metade e puideron ser outros tantos.

Na segunda metade sairon tódolos canteiráns, e co debút de Isi Gómez e Retuerta antre eles. Non desmereceron os Yeremai, Ochoa, Jairo, Mella, etc…e pronto puxeron o 7-0 no marcador, e puido chegar algún máis. Tamén cambiou totalmente o equipo a Ponferradina, e ante os rapaces consigueu entrar tanto por banda, coma polo medio, por onde chegaría o gol da honra.

Non hai que tirar cohetes por ser un equipo da 2ª División, nin eles son tan malos, nen nós tan bos, pero sí se viron cousiñas moi positivas.

O proximo sábado toca o Real Madrid Castilla en Viveiro, onde xa poderá estar Ibai Gómez, e ata podería chegar a estar a derradeira incorporación, Rubén Díez, que era confirmado hoxe polo RC Deportivo. Chega cedido por unha tempada polo CD Tenerife, por unha cantidade de 50.000 euros, segundo se comenta nos mentideiros deportivos. tamén se fala de que se o rendemento fose positivo, habería unha opción de compra.

Depor : Mackay (Edu Sousa, min. 62), Antoñito (Brais Val, min. 62), Lapeña (Puerto, min. 62), Jaime (Retu, min. 62), Raúl Carnero (Marcel, min. 62), Álex Bergantiños (Jairo, min. 62), Diego Villares (Isi Gómez, min. 45), Quiles (Ochoa, min. 62), Mario Soriano (Yeremay, min. 62), Víctor Narro (Tim, min. 62), Santamaría (Mella, min. 62)

SD Ponferradina : Makaridze, Aldair (Diéguez, min. 69), Amo (Pascanu, min. 69), Castellano (Dani Ojeda, min. 69), Pujol (Kaxe, min. 30, Kelechi, min. 69), Covi (Moi Delgado, min. 69), Paul Anton (Erik Morán, min. 69), Zalazar (Moussa, min. 45, Naranjo, min. 69), Juan Hernández (Agus Medina, min. 56), Edu Espiau (Paris Adot, min. 69) e Yuri (Derik, min. 69)

Goles: 1-0 Quiles (min. 4); 2-0 Quiles (min. 6); 3-0 Gorka Santamaría (min. 19); 4-0 Quiles (min. 25); 5-0 Víctor Narro (de penalti), (min. 27); 6-0 Tim (min. 65); 7-0 Martín Ochoa (min. 76); 7-1 Naranjo (min. 86)

Árbitro: Lago Barreiro (Colexio Galego), no segundo tempo.

A Anédota : O encontro comezou 10 minutos despois da hora establecida, por non chegar os colexiados. Depor e Ponferradina pactaron que o ser un amigable que se comezase o encontro e fixo de colexiado, o preparador de porteiros do Depor, Alberto Casal, que non desmereceu para nada.

Incidencias: Terceiro partido da pretemporada do Dépor, da Dépor Xira Integralmotion, disputado no Campo Municipal da Magdalena (Vilalba).

 

-RESULTADOS DA PRETEMPADA-

Atlético Arteixo 0-3 Depor

Racing Vilalbés 1-4 Depor

Depor 7-1 SD Ponferradina

 

-PRÓXIMO AMIGABLE-

O Real Madrid Castilla, do mesmo grupo que o Dépor en Primera Federación, agarda este sábado 6 de agosto ás 19:00 horas en Cantarrana.

Como o resto de partidos de pretemporada, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club.

As entradas custan 15 euros (menores de 12 anos gratis) e pódense adquirir anticipadamente nas oficinas do Viveiro CF en Cantarrana, en Óscar Joyeros e na Vinoteca Aquitania. O mesmo sábado tamén estarán dispoñibles no despacho de billetes do Estadio, desde unha hora antes do comezo do amigable.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia