REPASO AO FINAL DO 2201 NO “GRUPO 1B” DA LIGA DA COSTA, NA QUE MANDA O CABANA SD, E HABENDO MOITA IGUALDADE NOS POSTOS ALTOS, (PREVIA 1ª XORNADA DO 2022).

LIGA DA COSTA

-GRUPO 1 B-

Un dos “onces” do Cabana SD 2021/22.

 

O ano futbolístico na Costa da morte despideuse da maneira máis cruel, co tráxico pasamento do xove ex xogador da base do Corme CF, e actualmente era árbitro do fútbol afeccionado e de base, Lucas Vicente Vidal, (D.E.P.), que nos deixou un fondo pesar e motivo polo que se paralizaron as ligas da costa de base e senior.

No puramente deportivo neste grupo da Liga da Costa, o Cabana tras comezar sendo goleado en Berdillo, (4-1), deu un golpe enriba da mesa e non deixou de sorprender encontro tras encontro. O equipo da Ribeira do Anllóns, foi escalando posicións vitoria tras vitoria, sumando as 5 que precederon trala fatídica primeira xornada, e acaba este ano 2021 no máis alto con 2 puntos sobre o SD Coristanco, outro equipo que está a ser unha das boas novas. Os cabaneses son o equipo máis goleador don 19 tantos e o segundo menos goleado con tan só 4 recibidos, tralo SD Coristanco, (7).

Pero este grupo a diferenza do sureño, ten maior igualdade, e se os da “Terra da pataca” lle suan na caluga os cabaneses, 2 puntos por detrás, tamén a tan só 3 puntos do lider apretan, o SD Castríz e o SD San Lorenzo. A falla de duas xornadas para acabar a 1ª volta extraña e moito aos afeccionados ver aó o Sporting Zas con tan só 2 puntos pechando a táboa.

 

 

Secuencia dun Malpica-Cabana na penúltima xornada do ano .

 

8ª Xornada

AVISO

Os horarios que aparecen,con toda probabilidade serán cambiados na sua maioría, e tamén o máis seguro é que haxa algún encontro o sábado 08 de Xaneiro. Valga de referenza os primeiros choques do 2022, que cando sexan firmes repetiremos na previa.

 

Domingo 09 Xaneiro 2022

SCD Malpica-SD Coristanco 

Hora : 16:15

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)

Colexiado : Por determinar.

 

CD Nantón-SCD Buño 

Hora : 16:15

Campo : “As Fontiñas”, (Nantón-Cabana)

Colexiado : Por determinar.

 

UD Cerqueda-Cabana SD

Hora : 17:00

Campo : “Xaviña”, (Buño-Malpica)

Colexiado : Por determinar.

 

Sporting Zas SD San Lorenzo

Hora : 16:30

Campo : “San Andrés”, (Zas)

Colexiado : Por determinar.

 

Descansa : SD Castríz

 

 Clasificacións 

 

Máximos Goleadores

Manuel Romero, (Cabana SD) : 5 goles en 5 encontros

Pazos, (SD Coristanco) : 4 en 6

Souto, (CD Nantón) : 3 en 6

Daniel Castiñeiras, (SD Coristanco) : 3 en 6

Iago Torres, (Sporting Zas) : 3 en 6.

 

 

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia