REPASO AO FINAL DO 2201 NO “GRUPO 1A” DA LIGA DA COSTA, NA QUE A SUPREMACÍA É DA ESTEIRANA, CO CAMARIÑAS PISÁNDOLLE OS TALÓNS, (PREVIA 1ª XORNADA DO 2022).

LIGA DA COSTA

-GRUPO 1 A-

A SCDR Esteirana rompe os datos da liga en tódolos aspectos.

 

O ano futbolístico na Costa da morte despideuse da maneira máis cruel, co tráxico pasamento do xove ex xogador da base do Corme CF, e actualmente era árbitro do fútbol afeccionado e de base, Lucas Vicente Vidal, (D.E.P.), que nos deixou un fondo pesar e motivo polo que se paralizaron as ligas da costa de base e senior.

 

Son dous os equipos que marcan a diferenza neste grupo da Liga da Costa, o SCDR Esteirana, que suma 6 vitorias en 6 encontros xogados, con 21 goles a favor e tan só un en contra. Un equipo no que se reparten os goles, e manda nos números nas duas áreas, e que ten no Camariñas FC como principal rival, a 3 puntos, dunha derrota que sufriron os camariñáns con respecto o pleno dos esteiráns, (2-3 ante o CD Muros). A falla de duas xornadas para o remate da primeira volta, non hai equipo que lle tusa a estes dous. Por detrás a 7 do lider ven o veciño CD Muros, e a 8 o Muxía FC e Outes CF, este último cun encontro máis. Con todo esto o 2022 non pode comezar mellor, cun Camariñas-Esteirana, que pode desvelar moitas cousas, ainda que a falla de toda unha volta, máis un encontro desta, desde que se xogue este duelo no cúmio.

8ª Xornada

AVISO

Os horarios que aparecen,con toda probabilidade serán cambiados na sua maioría, e tamén o máis seguro é que haxa algún encontro o sábado 08 de Xaneiro. Valga de referenza os primeiros choques do 2022, que cando sexan firmes repetiremos na previa.

 

Domingo 09 de Xaneiro 2022 

Camariñas FC-SCDR Esteirana 

Hora : 16:30

Campo : “Hermanas Patiño”, (Camariñas)

Colexiado : Por determinar.

 

Muxía CF-CD Baiñas 

Hora : 16:00

Campo : “Municipal da Arliña”, (Muxía)

Colexiado : Por determinar.

 

UD Monte louro-CF Lira

Hora : 16:30

Campo : “Agra de Filgueira”, (Louro-Muros)

Colexiado : Por determinar.

 

CD Muros-UC Cee 

Hora : 16:30

Campo : “Eleuterio Balayo”, (Muros)

Colexiado : Por determinar.

 

Descansa : Outes CF

 

Clasificación

 

Máximos Goleadores

Rober Solís, (Outes CF) : 6 goles en 6 encontros

Xabier Abeijón, (CD Muros) : 5 en 6

Fran-chute, (Muxía CF) : 5 en 6

Carlos Lestón, (SCDR Esteirana) : 4 en 5.

 

-Foto : A Voz da Esteirana en FaceBook

-Texto : piratasdemuxia