REPARTO DE PUNTOS ANTRE O UC CEE E O CD MUROS QUE NON CONTENTA A NINGÚN.

LIGA DA COSTA

-Encontro suspendido na 16ª xornada por mor do temporal “Fabien”-

O fisterrán Ezequiel fixo o gol do empate para os ceenses.

Non contentou a ningún dos dos dous equipos, (UC Cee e CD Muros) o empate acadado o pasado sábado no “San Paio de Refoxos”, nun encontro que era o “REC” do que se tiña que haber xogado o 22 de Nadal do 2019 e que fora suspendido por mor do forte temporal “Fabien”, que trouxo o noso pais ventos por enriba de 180 Kms/h, o que fixo que as RFGF suspendese tódolos choques que había para eses día. E dos máis descontentos os muradáns que pasada a hora de xogo gañaban por 0-2, e viron como lles empataban o encontro no treito final.

Este era o único dos 8 que se xogan en cada xornada na Liga da Costa, polo que cos outros xogados calquera dos dous equipos podían afianzarse na táboa, ambos na parte intermedia, cos ceenses que xogaban como locais na 10ª posición e os muradáns na 9º. Con este empate os de Cee suben a 8ª praza e os de Muros a 7ª, nunha zona moi apretada e na que unha vitoria de calquera deles subiría un posto máis.

 

UC Cee 2-2 CD Muros

Muchi, (Coordinador do UC Cee) :Non comezou ben a cousa, xa que o Muros adiantouse cun auténtico golazo dende a esquina da área á escadra contraria.
A pesares do gol, os nosos comezaron a carburar e achegarse a área rival, pero nunha cadea de erros, o Muros puxo terra de por medio no marcador.
Cando peor estaba a cousa, o equipo sacou o carácter necesario para que Cote recurtara distancias e case a continuación, Eze empatara o encontro.
Coa dinámica que o partido conlevou, os nosos lanzáronse a polos tres puntos, pero non foron quen de consumar a remontada. E na última xogada, a piques estivo o Muros de levar os tres puntos, pero o man a man foise desviado. Comezamos pois a segunda volta puntuando, e inmersos na zona medio alta da clasificación, moi apertada, onde intentaremos consolidarnos“.

Sarillo, (Delegado do CD Muros) : “Na primeira metade pouca intensidade e poucas ocasións. Tería algunha o Cee a balón parado, pero ningunha clara. nos primeiros minutos quixo mandar máis o Cee. O Muros empezou a gañar o medio de campo e empezou a chegar a area rival. Sauliño avisaría cun tiro ao pau. E a 5 minutos do descanso, Dani metería un golazo pola escadra. Na segunda parte cambiou a intensidade, e os dous foron a polo partido. Pero volvería marcar o Muros, cunha gran xogada de Dani que asiste para Xavi. Empataría o Cee de Cabeza ao saque dunha falta. E empataría pouco despois cun tiro do borde. Pudo levarse o Muros o partido con dúas grandes ocasións no minuto final. O porteiro Xandre asiste para Xavi, que en carreira deixa atrás ao defensa. Regatea ao porteiro, e o seu tiró cruzado vaise lambendo o paú. Puido tamén marcar Saúl, só na área, pero decidía mal”.

UC Cee : Carlos, Álex Agulleiro, Isaac, Jorgito, Cote, Ezequiel, Xabier, José Lago, José Bermúdez, Bruno e Adrián. Tamén xogaron : Luis Lojo, Leo Picallo e Rubén.

CD Muros : Xandre, Bernardo, Javier, Iván, Xoaquín, Miguel, Álvaro, Xabier, Saúl, Daniel e Flavio. Tamén xogaron : Juan e José Sestayo.

Goles : 0-1, Daniel, (39´); 0-2, Xabier, (52´); 1-2, Cote, (62´); 2-2, Ezequiel, (79´).

Árbitro : David Vázquez. Amonestou polo UC Cee a : José e Bruno e polo CD Muros a : Miguel, Javier e Iván.

 

PRÓXIMA XORNADA, (17ª)

Sábado 11/01/2020

CD Baiñas-SD Castríz : ás 16:15 horas

Domingo 12/01/2020

Cabana SD-SD Coristanco : ás 16:30 horas

SD San Lorenzo-Sporting Zas : ás 16:300 horas

Corme CF-UD Cerqueda : ás 16:30 horas

SCD Malpica-Muxía CF : Por determinar

SCD Buño-UC Cee : ás 17:00 horas

CD Muros-SD Ponteceso : Por determinar

CF Lira-SCDR Esteirana : Por determinar.

 

-Darlle as gracias aos adestradores e colaboradores deste artigo. Piratasdemuia.es non se fai responsable do vertido nas opinións, xa que son únicas, persoais e intrasferibles.

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es/Sarillo/Muchi

++++

-Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo co que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

-Tamén informar que trocamos de o noso email é : admin@piratasdemuxia.es

-Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas. Consultanos como facelo.