RENOVÁMONOS NO NOSO 12º CUMPREANOS

 

 

Tal día coma hoxe do 2007 saíamos a rede na tarde na que tíñamos unha cea da Peña Deportivista “Os Piratas de Muxía” no “Bar La Marina” de Muxía que daquela levaba a amiga Belén Montero. A web que tras moitos meses de traballo nos fixera Rubén García en principio tiña como cometido dar noticias do Depor e da peña, pero ainda non pasara unha semana e xa estábamos dando información da Copa da Costa e ata fomos os primeiros en dala en direto para o mundo enteiro por internet para ata 900 usuarios que estiveron aquel día conectados, cando nunha polémica final o SD Ponteceso derrotaba ao UC Cee. Rubén García dende o campo cun mobil i eu poñendo o que me contaba minuto a minuto. Non había as tecnoloxías de hoxe en día. Sufrimos un ataque e houbo que facer a web de novo, pola novatada de non ter a base de datos protexida. Recomenzamos un par de meses despois do ataque en Febreiro do 2008, pero xa co dominio “.es”. Pouco ap pouco con moito traballo e sacrifizo fomos crecendo e acadando premios polo noso traballo e chegando ata ás 37.500 vistas nun día e con medias por enriba dos 20.000 diarias.

Foron crecendo os usuarios rexistrados, a pesares de non ser obrigatorio rexistrarse e hoxe en día rondamos os 30.000.000 de visitas e tras borrar os rexistrados repetidos preto dos 60.000.

Agora renovámonos e achegámonos unha web con dobre formato exclusivo e rexistrado, cun formato para móbiles e outro para ordenadores e similares, duas webs o prezo dunha. Un traballo extraordinario de Ismael Castiñeira que codo con codo foi facendo o que agora vedes e que vos ofrecemos.

Recuperamos o “Sabías que?” e o “Enigma” e traémovos novas categorías como “A nosa terra”, e o instante tódolos vídeos de roldas de prensa do Deportivo, así como todos aqueles de interese do clube, antre outras cousas que vos iremos ofrecendo pouco a pouco.

Agora e tras unha forte inversión económica e de traballo seguiremos ca nosa filantropía para traervos toda a información e volvernos máis dinámicos e buscar a vosa participación, non só colaborando como o vides facendo dende hai anos cos vosos artigos, fotos, etc…senón que tamén cos vosos comentarios as novas, (eso teredes que entrar co voso rexistro).

Temos que darlle as gracias aos nosos colaboradores e patrocinadores que co seu graiño de area puidemos facer fronte a este renovado proxecto, e esquecer aos que nen siquera nos contestaron, (debe ser por ser unha web caseira, ainda cotizando en lei).

Darvos as gracias a todos por estar aí estes 12 anos, dos que podería falar moito e invitarvos a seguir connosco e a participar da nova www.piratasdsemuxia.es.

Xosé Búa

(Webmaster de www.piratasdemuxia.es)


Recordámosvos que o novo email da páxina cambiou a: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies