RENOVACIÓNS NO UD PAIOSACO FEMININO DE CARA A 2020/21.

O UD Paiosaco tivo un bo ano no seu debút no fútbol feminino.

 

A Unión Deportiva Paiosaco quere darlle continuidade ao equipo feminino que puxo en marcha a pasada tempada e vén de anunciar a renovación de doce mozas que xa formaron parte do persoal a pasada tempada, así como a do seu adestrador. No verán do pasado ano 2019, o equipo feminino do Paiosaco convertíase nunha realidade e cumpríase un soño que había na Porta Santa desde facía varias tempadas.
.
Os inicios din que nunca son fáciles e tampouco o sería para un conxunto verdibranco que deu pinceladas de ilusión pero que non logrou manter unha clara regularidade durante a competición ligueira o que fixo que non alcanzase unha dinámica adecuada. A pesar dos resultados logrados, a mellora do equipo como bloque como das xogadoras foi notable en certa medida.
.
A chegada do coronavirus embazou esta primeira tempada dun Paiosaco que volverá á carga a próxima campaña, na que David Castro seguirá sendo o máximo responsable dun equipo no que xa confirmaron a súa continuidade as seguintes doce futbolistas: Carla Varela, Amanda Ramírez, Marta Gómez, Irene Fraga, Ainhoa Montero, Sofía Alonso, Ana García, Naiara Magdalena, Nuria Broz, Nicole Candal, Vane Mouro e Vero Mallo. Desde a entidade verdibranca seguen traballando nas diferentes renovacións das xogadoras que formaron o persoal a pasada tempada, así como das posibles incorporacións que poidan chegar á Porta Santa.

.

-Foto e Texto :  UD Paiosaco Feminino

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.